Os alumnos de 3º ESO recibiron a visita da escritora María Reimóndez Meilán, autora de «Fóra do normal», libro que están a ler neste terceiro trimestre.
Ao longo de todo o curso os alumnos de 4º ESO estiveron facendo un proxecto relacionado coa literatura popular e vinculado ao proxecto de centro deste ano «Escoita o corazón da nosa ría».
Durante o primeiro trimestre tiveron que buscar información sobre as lendas e os mitos galegos relacionados coa auga, presentalos por escrito nese trimestre, expoñelos de maneira oral aos seus compañeiros de clase no segundo trimestre, e por último, contar algunhas das lendas máis chamativas ou sorprendentes a alumnos de 4º de Primaria.
Nas seguintes fotos podedes ver a algúns alumnos de 4º ESO expoñendo oralmente lendas relacionadas coa auga a alumnos de primaria.
Como non podía ser doutra maneira, desde o colexio, fixémola protagonista durante toda esta semana e realizamos diferentes actividades para celebrar este día tan especial.
Traballamos a vida e obra desta escritora, da cal algúns alumnos de Primaria e de 1º e 2º ESO leron o seu libro: «Leonardo e os fontaneiros». Ditos alumnos tiveron o privilexio de asistir o luns no colexio á adaptación teatral desta obra, representada polo grupo «Ubú teatro».
O martes, alumnos de 4º de Primaria escoitaron as lendas relacionadas coa auga por parte de alumnos de 4º ESO.
Decoramos os corredores do colexio cos slogans elaborados por alumnos de ESO (podedes ver algúns deles no Blog do Departamento de Lingua Galega) e con palabras elixidas e feitas por alumnos de Educación Infantil e Primaria.
E por último, o mércores, fixemos o acto no salón, onde todos puideron ver un Power Point coa vida e obra de María Victoria Moreno, escoitar algúns dos seus poemas, deleitarse coa música da gaita tocada por Ana Torres González (1º ESO) e Ignacio Meijón Santiago (4º ESO). E por último, entregamos os premios aos gañadores do concurso de «Slogans» en defensa e promoción da lingua galega. Sendo os agraciados: Almudena Álvarez Gutiérrez (2º ESO A) co seu slogan «Constrúe en galego» e Ana Karen Freire Núñez e Jorge Lagos Fernández (4º ESO B) co seu slogan «Si aos bicos en lingua galega».
Durante el segundo trimestre nuestros alumnos de 2º ESO jugaron a ser periodistas. Aprovechando la «Semana de la Prensa», prepararon y representaron una entrevista en la que tuvieron que trabajar la evolución de las escuelas en los últimos sesenta años. Entrevistaron a sus abuelos y padres, para saber cómo eran y dónde estaban emplazadas sus escuelas, qué tamaño tenían las aulas y qué tipo de muebles había en ellas, qué libros y materiales utilizaban, a qué jugaban y con qué jugaban y qué diferencias encontraron entre las escuelas de sus antepasados y las suyas.