Roteiro Castelao
Os alumnos de 4° ESO realizaron o 21 de abril o «Roteiro Castelao» e visitaron «A sala Castelao» no Museo de Pontevedra.
4 ESO, Curso 25/26, ESO, Lengua Castellana/Gallega, Salida Cultural
Os alumnos de 4° ESO realizaron o 21 de abril o «Roteiro Castelao» e visitaron «A sala Castelao» no Museo de Pontevedra.
4 ESO, Curso 25/26, ESO, Lengua Castellana/Gallega, Salida Cultural

O pasado 9 de abril, a alumna Iria García García de 4° ESO foi galardoada co 3° accésit pola súa obra «O prezo do amencer», na modalidade de narrativa no concurso literario, «Premios Literarios Minerva», na súa 54 edición, organizado polo Colexio M. Peleteiro de Santiago de Compostela.
Este ano as dúas clases de 1º da ESO participaron no concurso de Prensaescuela «Caderno de Campo» da Voz de Galicia. No proxecto interviron principalmente as materias de Lingua Galega, Ed. Plástica e Visual e Bioloxía e Xeoloxía. Como en lingua galega estabamos a dar o vocabulario dos animais (insectos, animais domésticos e paxaros) decidimos facer o caderno de campo cos animais que vemos a cotío na nosa contorna, as aves mariñas. Ademais do vocabulario traballaron algo de ortografía, gramática e varios tipos de textos, sobre todo os textos descritivos e xornalísticos.
1 ESO, Curso 22/23, ESO, Lengua Castellana/Gallega, Trabajos
Dos grupos de alumnos de 1ºESO han escrito sendos artículos para el concurso Periodismo en la Escuela promovido por Prensa-Escuela de la Voz de Galicia; cuya objetivo es el ayudar a los escolares a desarrollar su sentido crítico a través de la prensa, ofrecerles un libro de texto siempre actualizado y, de forma complementaria, fomentar el uso de las nuevas tecnologías en las aulas.
Podéis leer y votar, si lo consideráis oportuno, los artículos escritos por cada equipo pulsando sobre los botones correspondientes.
1 ESO, Concursos, Curso 21/22, ESO, Lengua Castellana/Gallega
Este ano 2022 os alumnos de 1º da ESO crearon, dentro do Proxecto de Ortografía coas materias de Lingua Castelá e Ed. Plástica e Audiovisual, estes fermosos debuxos de insectos para recordar mellor a súa escrita e coa técnica da ortografía ideovisual.
1 ESO, Curso 21/22, Educación Plástica, ESO, Lengua Castellana/Gallega, Trabajos

Un ano máis está moi próximo o Aninovo Celta, o noso querido Samaín. Por desgraza, e por motivos obvios, non poderemos celebralo da maneira que todos quereriamos, incluíndo o noso xa tradicional concurso de cabazas. Ante a imposibilidade de realizar calquera tipo de exposición, animámosvos a decorar as vosas cabazas, tal e como o faciades en cursos pasados. Coa fin de visibilizalas e de dar mostra da nosa cultura, gustaríanos que compartísedes de forma pública os vosos traballos, en forma de imaxes, a través das redes sociais (Facebook, Instagram e/ou Twitter) co hashtag #SamainPlaceres. As comunicacións realizadas en dito hashtag incorporaranse a unha colección de publicacións (Wakelet) que daremos a coñecer a través de diferentes medios.
Desexando que a situación nos permita celebrar esta e outras moitas festas dun xeito máis próximo, un cordial saúdo:
Equipo de Dinamización Lingüística.
Este ano na materia de Lingua Galega os alumnos de 2º curso da ESO, realizaron, durante todo este 1º trimestre, o proxecto «MEIGAS FÓRA» no que, como producto final elaboraron o “Gran Libro” de conxuros, apócemas, seres míticos, obxectos mágicos…, que decoraron dando un aspecto antigo (empregando para tal efecto café ou té e queimando ou rasgando os bordes das follas) e con debuxos para dar unha aparencia máis tenebrosa. Realizaron as tarefas en grupo cooperativo para a aprendizaxe de novo vocabulario, ortografía, gramática e literatura.
Representaron ademáis unha escena de reclamación ou devolución de compra diante dos compañeiros coidadando aspectos como: fluidez da conversa, claridade da exposición, argumentación, actitude e ton de respecto…
Traballaron cos ordenadores (EDIXGAL) para a busca de información e tamén co libro de lectura “As Meigas de Lupa” de María Solar.
Os obxectivos que traballamos foron os seguintes:
1. Fomentar a escritura e a comprensión lectora.
2. Potenciar a expresión oral e escrita.
3. Aprender a recoñecer e elaborar distintos tipos de textos:
4. Aprender diferentes aspectos lingüísticos.
5. Adquirir novo vocabulario relacionado co mundo da maxia e a mitoloxía galega.
6. Fomentar o uso das TIC e o traballo cooperativo e colaborativo na aula.
2 ESO, Curso 19/20, ESO, Lengua Castellana/Gallega, Trabajos

Este ano os alumnos de 1º da ESO no 1º trimestre comezaron a primeira parte do proxecto anual interdisciplinar EMOCIONARTE, no que traballamos con eles as EMOCIÓNS nas materias de Linqua Galega, Lingua Castelá, Ed. Plástica e Titoría. A adolescencia é, sen dúbida, un periodo complexo no que se fai imprescindible unha educación emocional. Unha xestión adecuada das emocións fará aos alumnos máis libres, xa que lles permite tomar decisións máis sabias, que estean aliñadas coa súa maneira de ser e de sentir e que lles permitan construir a longo prazo a súa propia felicidade a partir do que xa saben sobre eles mesmos.
No entanto, non deixaremos de lado os estándares que se inclúen no currículum de cada materia deste curso e integrarémolos por medio de diversas tarefas. É por isto que se trata dun proxecto anual a longo prazo no que cada mes traballarán unha ou duas emocións diferentes relacionada con cada época do ano. A intención é que sexa una secuencia global, na que a educación emocional sexa o camiño central e os distintos contidos as diferentes paradas nas que descansarán. Trátase de que, ambas as dúas partes, se retroalimenten e a súa relación teña sentido.
Para poder levar a cabo este proyecto empregamos como guía o dicionario das emocións EMOCIONARIO. Este orixinal libro, ferramenta imprescindible coa que traballaremos durante todo o proxecto, permítelles identificar, expresar e dialogar sobre as súas emocións. Consideramos que poder dar estes dous pasos é esencial para que un ser humano canalice axeitadamente os seus sentimentos e emocións. As últimas investigacións científicas teñen demostrado que a autoconciencia, a confianza nun mesmo, a empatía e a xestión máis axeitada das emocións e impulsos perturbadores non só melloran a conduta dos rapaces, senón que tamén inciden moi positivamente no seu rendemento académico.
Realizando un CONTO sobre as emocións coa técnica do FOLIO XIRATORIO
1 ESO, Curso 19/20, ESO, Lengua Castellana/Gallega, Trabajos

Durante o 2º trimestre os alumnos de 2º da ESO realizaron, de novo este ano, o proxecto «TELEXORNAL» na materia de Lingua Galega. Realizaron unha serie de actividades, reflectidas nun CANVAS, para a consecución do produto final, consistente na grabación dun telexornal onde se tiña que relatar dúas noticias de actualidade, varias de deportes, unha reportaxe do Camiño de Santiago, o Tempo e algún anuncio de TV. Todas estas noticias foros redactadas polos alumnos, empregando para iso o vocabulario a ortografía e gramática estudada en clase así como os diferentes tipos de textos empregrados para cada caso.
Todas as tarefas que realizaron ata a gravación do noticieiro foron realizadas en traballo cooperativo e en grupos de 8 ou 9 alumnos:
[su_youtube_advanced url=»https://youtu.be/C2fPmrikzdM» playlist=»https://www.youtube.com/playlist?list=PL5fjZgQ6QO8xtIcftBhDKDD_O88wHohrJ» width=»640″ height=»360″ controls=»alt» theme=»light»]
[su_youtube_advanced url=»https://youtu.be/Xm6jg8FpZOw» playlist=»https://www.youtube.com/playlist?list=PL5fjZgQ6QO8xtIcftBhDKDD_O88wHohrJ» width=»640″ height=»360″ controls=»alt» theme=»light»]
A gravación foi realizada cunha tablet e a montaxe foi realizada coa aplicación iMovie.
Creo que o resultado é máis que satisfactorio. Felicidades rapaces e rapazas pola vosa colaboración, polo voso esforzo e polo alto nivel de traballo que amosastes. Espero que o pasárades tan ben coma min.
Aínda que todos os alumnos gravaron a súa noticia, non todos pudieron saír no telexornal porque sería demasiado longo, así que deixo algunhas fotos onde saen mentres gravaban diante do fondo verde do chroma antes da montaxe.








2 ESO, Curso 18/19, ESO, Lengua Castellana/Gallega, Trabajos, Vídeos
Héctor Cajaraville, escritor nado en Santiago de Compostela e autor de «O segredo da Casa de Formoso», libro lido polos alumnos de 4 º ESO durante o segundo trimestre, veu ao noso colexio para comentar cos alumnos a trama desta fascinante historia chea de sentimentos, pescudas, confidencias e revelacións que desemboca nun final aberto, dando pé á nosa imaxinación para crear un desenlace calquera.
Nesta obra Héctor Cajaraville fala de emigración, dunha traizón na época da «Guerra Civil Española» e dunha historia de amor, que fai que quen le esta obra quede enganchado a ela, como lle pasou aos nosos alumnos.
Despois de comentar determinados aspectos importantes da obra, Héctor Cajaraville mantivo un debate cos rapaces, respondendo a todas as preguntas que lles xurdían e asinando finalmente os exemplares desta obra de forma personalizada.
