Mantendo viva a tradición
Na véspera de San Xoán, o 23 de xuño, é tradición preparar o cacho con distintas herbas aromáticas que se deixan en auga durante a noite para lavar a cara na mañá do día 24.
Na véspera de San Xoán, o 23 de xuño, é tradición preparar o cacho con distintas herbas aromáticas que se deixan en auga durante a noite para lavar a cara na mañá do día 24.
O bo tempo despois das seis semanas de chuvia e os coidados proporcionados polo alumnado da aula Verde, posibilitaron un crecemento forte das primeiras leitugas da horta das aulas de Cores. Así que, recolléronas para compartilas coas familias que atende a Asociación Acción Social Sor Elvira, de Marín, presidida por Julio Santos.
Alumnado da ESO e aula Azul desenvolveron unha xornada de limpeza da praia da Posta cun dobre obxectivo: coidar o medio ambiente e concienciar sobre a importancia de manter limpos os espacios naturais da contorna.
1 ESO, Ciencias, Curso 25/26, Educación Especial, ESO, Voz Natura
A creatividade desenvólvese nos rapaces e rapazas de 3º de Educación Primaria para deseñar e fabricar, coas súas mans, un agasallo para un amigo ou amiga invisible da aula reutilizando diferentes refugallos, como oveitas, caixas e tubos de cartón, paus de xeado, tapas, etc.
3 Ed.Primaria, Curso 25/26, Educación Primaria, Lengua Castellana/Gallega, Trabajos, Voz Natura
Coa chegada da primavera, os pequenos e pequenas inícianse no mundo da agricultura plantando uns exemplares de leitugas e amorodos nun horto urbano de madeira.
No Día do Libro, os contos sobre o medio ambiente convértense nunha ferramenta moi valiosa nas aulas. A través das historias, o alumnado descobre a importancia de coidar a natureza, respectar os seres vivos e adoptar hábitos sostibles no día a día.
Estas lecturas fomentan a imaxinación, a comprensión lectora e o pensamento crítico, ao tempo que transmiten valores ecolóxicos de forma próxima e atractiva.
Ciencias, Curso 26/27, Educación Especial, Educación Infantil, Educación Primaria, Lengua Castellana/Gallega, Lenguas Extranjeras, Voz Natura
Nos últimos días, a Patrulla Verde continuou coas súas tarefas de limpeza e recollida selectiva de refugallos no patio do centro.
Comezado o mes de abril, e trala volta das vacacións de Semana Santa, o alumado da aula Azul prepara o terreo para plantar dúas ducias de remolacha de mesa na horta da escola.