Leitugas solidarias
O bo tempo despois das seis semanas de chuvia e os coidados proporcionados polo alumnado da aula Verde, posibilitaron un crecemento forte das primeiras leitugas da horta das aulas de Cores. Así que, recolléronas para compartilas coas familias que atende a Asociación Acción Social Sor Elvira, de Marín, presidida por Julio Santos.
