Alumnado da ESO e aula Azul desenvolveron unha xornada de limpeza da praia da Posta cun dobre obxectivo: coidar o medio ambiente e concienciar sobre a importancia de manter limpos os espacios naturais da contorna.
O alumnado das aulas Vermella e Laranxa visita «O Casal Equitación», un centro de terapia equina para gozar dunha xornada cos compañeiros/as e cos animais, tratados dende unha filosofía respectuosa, baseada na doma natural, o traballo a pé de terra e unha relación respectuosa cos equinos.
Coa chegada da primavera, os pequenos e pequenas inícianse no mundo da agricultura plantando uns exemplares de leitugas e amorodos nun horto urbano de madeira.
No Día do Libro, os contos sobre o medio ambiente convértense nunha ferramenta moi valiosa nas aulas. A través das historias, o alumnado descobre a importancia de coidar a natureza, respectar os seres vivos e adoptar hábitos sostibles no día a día.
Estas lecturas fomentan a imaxinación, a comprensión lectora e o pensamento crítico, ao tempo que transmiten valores ecolóxicos de forma próxima e atractiva.
O alumnado das aulas de cores realiza un pequeno xesto simbólico na clase, co que poñen de manifesto o seu compromiso co planeta, apadriñando un pingüín que habita la Illa Decepción, na Antártida, situada a 13000 km de distancia de España.
Aproveitando o día solleiro co que amencemos este xoves, o alumnado da aula Azul desprazouse ata a praia da Posta, que nos recibe á entrada do centro, ataviado con caldeiros, capachos, bolsas e luvas de tea para realizar labores de limpeza e clasificación de refugallos.
O alumnado de 3º ESO é o encargado da campaña solidaria «Un xoguete meu, un xoguete para todos» un curso máis. As familias do centro entregan xoguetes en bo estado para doalos á Asociación Boa Vida, de Pontevedra, encargada do reparto entre a cativada da zona.
Os rapaces e rapazas máis pequenos únense aos venres sostibles empregando, por unha banda, envases de varios usos nas súas merendas diarias, e pola outra, mercando un bocadillo durante o recreo cada venres. Desta maneira non só colaboran co medio reducindo os plásticos, senón que participan no proxecto solidario «Tini», en Layo-Perú, unha comunidade indíxena formada por 10 familias en situación de pobreza e anemia severa, que habita nunha localidade moi árida a máis de 4000 metros de altitude.