O alumnado de 1º ESO, concienciados da importancia de coidar o patrimonio cultural e natural, recolle e separa os refugallos que atopan durante a súa visita á Illa das Esculturas de Pontevedra.
Al igual que sus compañeros que este año cursan 3º ESO, el alumnado de 4º ESO y de las aulas de Educación Especial pudo asistir a una videoconferencia con personal de una de las bases que España tiene en la Antártida, la Base Antártica Gabriel de Castilla.
O alumnado da aula Azul comeza con moitas ganas os traballos da horta fresando o terreo coa axuda de Javi e transplantando as plantas de allos que sementaron no mes de decembro reutilizando envases de leite. Prepararon a terra co compost feito meses atrás e con cinza obtiva da queima de rastroxos do noso bosque.
As nosas familias participan no concurso de Nacementos e Misterios organizado polo Departamento de Pastoral, como cada decembro.
Para as súas creacións empregan o seu propio corpo e pinturas, cartolinas, fitas, lá, elementos naturais, como piñas, ramas verdes, pauciños ou palla, e reutilizan vasos de café, cubertos de madeira ou caixas de cartón e de ovos.
Nesta edición resultaron gañadores Athenea, Xurxo, Alba e India e as súas familias. Parabéns!
Nas sesións do obradoiro destas últimas semanas, o alumnado da aula Azul traballou sobre unhas coroas de Advento reutilizando algunhas ramas, recollidas no bosque do colexio trala tempestade, xornais, cartolinas e outros materiais coma silicona e pistola, fitas de cores, estrelas de madeira, botóns ou pompóns.
O 24 de setembro, o alumnado da aula Azul e 4º ESO B iniciaron viaxe cara A Coruña para gozar do premio acadado o pasado mes de xuño polos seus respectivos cadernos de campo, presentados ao concurso da Voz de Galicia «Xornalistas Naturais» o curso pasado.
O aumnado de 1º ESO colaborou cos rapaces da aula Azul na limpeza da praia da Posta e do areal próximo a autovía, aproveitando a marea baixa deste venres.
Entre todos xuntaron cinco bolsas de refugallos, como plásticos, cordas, bolsas, botellas, etc. pero, sen dúbida, o que máis lles chamou a atención foi a gran cantidade de vidros e cerámicas que recolleron!
Ledos polo seu traballo comprometéronse a axudarnos noutas saídas para limpar e coidar a praia.