Proxecto Meigas Fora

Este ano na materia de Lingua Galega os alumnos de 2º curso da ESO, realizaron, durante todo este 1º trimestre, o proxecto «MEIGAS FÓRA» no que, como producto final elaboraron o “Gran Libro” de conxuros, apócemas, seres míticos, obxectos mágicos…, que decoraron dando un aspecto antigo (empregando para tal efecto café ou té e queimando ou rasgando os bordes das follas) e con debuxos para dar unha aparencia máis tenebrosa. Realizaron as tarefas en grupo cooperativo para a aprendizaxe de novo vocabulario, ortografía, gramática e literatura.

Representaron ademáis unha escena de reclamación ou devolución de compra diante dos compañeiros coidadando aspectos como: fluidez da conversa, claridade da exposición, argumentación, actitude e ton de respecto…

Traballaron cos ordenadores (EDIXGAL) para a busca de información e tamén co libro de lectura “As Meigas de Lupa” de María Solar.

Os obxectivos que traballamos foron os seguintes:

1. Fomentar a escritura e a comprensión lectora.

2. Potenciar a expresión oral e escrita.

3. Aprender a recoñecer e elaborar distintos tipos de textos:

  • Expositivo: Redactar a entrada dunha enciclopedia cuyos protagonistas foron os míticos de Galicia. 
  • Narrativo: Escribir unha pequena historia relacionada cos personaxes da entrada para a enciclopedia. 
  • Descritivo: Descrición dun objeto máximo. 
  • Argumentativo: Redactar unha reclamación e devolución da compra do obxecto máxico. 
  • Instrutivo: Instruccións para elaborar unha receita para unha apótema de amor ou outras ou outras… 
  • O teatro: Elaborar o guión para a escena da devolución do obxecto máxico 
  • A poesía: Crear un caligrama ou poema visual cun enfeitiço ou conjuro.

4. Aprender diferentes aspectos lingüísticos.

5. Adquirir novo vocabulario relacionado co mundo da maxia e a mitoloxía galega.

6. Fomentar o uso das TIC e o traballo cooperativo e colaborativo na aula.

Comparte esto:

2 ESO, Curso 19/20, ESO, Lengua Castellana/Gallega, Trabajos