Proyecto EmocionArte

Este ano os alumnos de 1º da ESO no 1º trimestre comezaron a primeira parte do proxecto anual interdisciplinar EMOCIONARTE, no que traballamos con eles as EMOCIÓNS nas materias de Linqua Galega, Lingua Castelá, Ed. Plástica e Titoría. A adolescencia é, sen dúbida, un periodo complexo no que se fai imprescindible unha educación emocional. Unha xestión adecuada das emocións fará aos alumnos máis libres, xa que lles permite tomar decisións máis sabias, que estean aliñadas coa súa maneira de ser e de sentir e que lles permitan construir a longo prazo a súa propia felicidade a partir do que xa saben sobre eles mesmos.

No entanto, non deixaremos de lado os estándares que se inclúen no currículum de cada materia deste curso e integrarémolos por medio de diversas tarefas. É por isto que se trata dun proxecto anual a longo prazo no que cada mes traballarán unha ou duas emocións diferentes relacionada con cada época do ano. A intención é que sexa una secuencia global, na que a educación emocional sexa o camiño central e os distintos contidos as diferentes paradas nas que descansarán. Trátase de que, ambas as dúas partes, se retroalimenten e a súa relación teña sentido.

Para poder levar a cabo este proyecto empregamos como guía o dicionario das emocións EMOCIONARIO. Este orixinal libro, ferramenta imprescindible coa que traballaremos durante todo o proxecto, permítelles identificar, expresar e dialogar sobre as súas emocións. Consideramos que poder dar estes dous pasos é esencial para que un ser humano canalice axeitadamente os seus sentimentos e emocións. As últimas investigacións científicas teñen demostrado que a autoconciencia, a confianza nun mesmo, a empatía e a xestión máis axeitada das emocións e impulsos perturbadores non só melloran a conduta dos rapaces, senón que tamén inciden moi positivamente no seu rendemento académico.

Lectura do libro «EMOCIONARIO» 

Colaborando para realizar as actividades. 

Traballando actividades coa axuda do dicionario RAG

Lectura da emoción O NOXO.

Traballando a SOIDADE 

Realizando a lectura sobre a VERGOÑA 

Realizando cooperativamente exercicios de ortografía en EDIXGAL 

Correxindo as actividades 

Realizando un CONTO sobre as emocións coa técnica do FOLIO XIRATORIO

Comparte esto:

1 ESO, Curso 19/20, ESO, Lengua Castellana/Gallega, Trabajos

SAGRADO CORAZÓN PLACERES

Colegio Sagrado Corazón Placeres
Barrio do Cabo, Rúa da Praia nº 8
36910-Pontevedra  
Tfno: 689 12 46 81

Tfno: 986 88 13 49

LOCALIZACIÓN

© Sagrado Corazón de Placeres 2023