Neste trimestre, o alumnado de 1º da ESO mergullouse no colorido e expresivo mundo de Keith Haring, un artista coñecido polos seus debuxos cheos de movemento, liñas negras marcadas e mensaxes moi potentes.
Neste terceiro trimestre, o alumnado de 3º da ESO mergullouse no universo visual do recoñecido artista xaponés Takashi Murakami, coñecido internacionalmente pola súa arte chea de cor, iconas pop e influencias do manga.
No 1º trimestre na materia de Ed. Plástica e Visual o alumnado de 1º da ESO realizaron o proxecto «Formas que falan: Explorando o PUNTO, a LIÑA e o PLANO con YAYOI KUSAMA». Este proxecto tiña como obxectivo explorar os tres elementos da linguaxe visual a través da obra da artista xaponesa Yayoi Kusama. Fomentouse así a capacidade de traballar en equipo creando esta obra colectiva e desenvolvendo así habilidades técnicas mediante o uso de diversas ferramentas e materiais.
Os/as alumnos/as de 1º ESO, para traballar o lema deste ano «DÉIXATE VER», realizaron no 1º trimestre un proxecto nas materias de Ed Plástica e Titoría. Tiñan que reflectir no marco dun espello a súa personalidades (as cousas que máis lles gustan, as súa cores preferidas, as súas afeccións…) de tal maneira que as persoas que se miraran no espello veríanse imbuídas na personalidade do seu creador. Desta maneira daríanse a coñecer mellor aos seus compañeiros/as.
Como actividade de fin de curso o alumnado de 1º da ESO pintaron despois de moldear en arxila branca unhas fichas para o xogo do Tres en Raia. Eleximos o tema da alimentación porque o estabamos dando en lingua galega dentro do proxecto «Guía definitiva de alimentos de tempada para os que queren salvar o planeta».
Neste terceiro trimestre o alumnado de 3º ESO creou un florido mural para celebrar a chegada da primavera con un cento de rosas elaboradas con espirais. Primeiro, en debuxo técnico, aprenderon a trazar varios tipos de espirais. Despois debuxaron un destes tipos en folios de cores ou cartolinas. Recortáronas para enroscalas e crear, así, as fermosas rosas que pegaron nas letras que compoñen a palabra: «PRIMAVERA».
Este curso 2023-24 o alumnado de 1º ESO, dentro do proxecto de «Diario de Campo», estudaron o nome en galego das aves que podemos ver a cotío e nos amenizan cos seus cantos e as súas cores. Realizaron varias actividades con este léxico (glosario, xogos, Kahhots…), e entre elas a actividade «As nosas veciñas do aire» que realizaron xunto coa materia de Ed. Plástica e Visual. Nesta actividade buscaron e elixiron un paxaro para debuxalo e pintalo con témperas. Pintáronos polos dous lados, recortáronos e fixéronlles un buratiño por onde poder colgalos. Fixeron despois unha exposición con todos eles no corredor que leva ás súas clases para poder lembrar e repasar os seus nomes cada vez que os observan.
A finais do segundo trimestre e principios deste terceiro @s alumn@s de 1º da ESO, dentro da unidade didáctica de debuxo técnico, traballaron co círculo elaborando unha longa cortina de círculos. Mediron e calcularon o número de círculos necesarios para cubrir os máis de 6 metros que lles tocaba elaborar a cada grupo, debuxaron e recortaron cada círculo e distribuiron o traballo á hora de colocalos en cadansúa tira. Traballaron con moito esforzo e obtiveron un gran resultado.
Este 2º trimestre o alumnado de 1º da ESO traballaron os elementos básicos de expresión grafoplástica: a leña, o punto e o plano para crear unha obra artística abstracta.