A liña e o plano: 1º ESO
Estes son algúns dos marabillosos debuxos que presentaron os alumnos de 1º da ESO para traballar a liña e o plano este curso 2021-2022. Están realizados con témpera e rotulador permanente.
Estes son algúns dos marabillosos debuxos que presentaron os alumnos de 1º da ESO para traballar a liña e o plano este curso 2021-2022. Están realizados con témpera e rotulador permanente.
Este ano os alumnos de 1º da ESO na materia de Ed. Plástica e Audiovisual realizaron o seu autorretrato con 2 Graos de Iconicidade diferentes, un alto e outro máis baixo.
Brabo por eles!!! Adeviña quen é quen:
Este ano 2022 os alumnos de 1º da ESO crearon, dentro do Proxecto de Ortografía coas materias de Lingua Castelá e Ed. Plástica e Audiovisual, estes fermosos debuxos de insectos para recordar mellor a súa escrita e coa técnica da ortografía ideovisual.
1 ESO, Curso 21/22, Educación Plástica, ESO, Lengua Castellana/Gallega, Trabajos
Os alumnos de 3º da ESO presentáronse ao concurso fotográfico xuvenil convocado polo Museo de Pontevedra co título «Pegadas de mar e de terra«. Como actividade complementaria á exposición de José Suárez, propuxeron un concurso de fotografía co móbil no que inmortalizar o traballo das nosas xentes, como fixo no seu día José Suárez, e as súas pegadas no mar e na terra.
Este 2º Trimestre, @s alumn@s de 1º da ESO, traballaron os elementos básicos do debuxo » Punto, Liña e Plano». Partiron da inspiración dun debuxo inicial, tomando como referencia as características do movemento artístico do «Puntillismo» (mestura de cores, tamaño e distancia entre puntos para dar efecto de volume). Unha vez elaborado o traballo de puntos, o reto foi crear a mesma obra con liñas e planos. Todo un exemplo de esforzo, creatividade e bo facer. Estes son só algúns dos excelentes resultados:
Estes son algúns dos incribles e expresivos traballos de fotografía que realizaron @s alumn@s de 3º da ESO, dentro do tema de «Luces e sombras», no que tiñan que realizar un selfie coa técnica do claroescuro en B&N ou a cor. Esta técnica consiste no emprego de contrastes fortes, entre as zonas iluminadas e as que non iluminadas, para crear maiores efectos de relevo a través da graduación de tons lumínicos. Non pode estar mellor, nin el@s máis bonitiñ@s.
Estes son algúns dos traballos que realizaron @s alumn@s de 3º da ESO neste 2º trimestre sobre degradados, dentro do tema de «Luces e Sombras». Están elaborados en láminas DIN A4 de debuxo artístico e coloreados con lapis de cores. Realizaron ademais exercicios previos de volume e un selfie coa técnica do claroescuro.
Neste 1º trimestre deste curso 2020-2021 os alumnos de 3º da ESO realizaron diversas actividades de debuxo técnico nas que aprenderon a realizar divisións de circunferencias en partes iguais, a trazar cadrados, espirais e óvalos de diferentes maneiras. Aplicaron a construción destas figuras xeométricas, xunto con outros contidos de debuxo artístico, ás súas obras cun resultado máis que satisfactorio.
Dentro do proxecto EMOCION-ARTE os alumnos de 1º da ESO están realizando unha banda deseñada ou cómic sobre as diferentes emocións que estamos traballando. Como primeiro paso comezaron deseñando un persónaxe que expresa esas diferentes emocións.