Ir al contenido principal

Etiqueta: ESO

Samaín 2021: Concurso de Cabazas

A diferenza do curso pasado onde, por razóns obvias, non se puido organizar, este ano o Equipo de Dinamización Lingüística do Centro recuperou o tradicional concurso de cabazas con motivo do Samaín 2021.

Durante esta semana @s alumn@s, pais e nais estiveron a traballar arreo para poder presentar as súas cabazas naturais e decoradas ao concurso. Coas máis de 300 cabazas presentadas, o Equipo de Dinamización Lingüistica organizou unha exposición, visitada por os alumnos das diferentes aulas.

Comparte esto:

Concursos, Curso 21/22, Educación Especial, Educación Infantil, Educación Primaria, ESO

Continuar leyendo

Concurso fotográfico Pegadas de mar e de Terra

Os alumnos de 3º da ESO presentáronse ao concurso fotográfico xuvenil convocado polo Museo de Pontevedra co título «Pegadas de mar e de terra«. Como actividade complementaria á exposición de José Suárez, propuxeron un concurso de fotografía co móbil no que inmortalizar o traballo das nosas xentes, como fixo no seu día José Suárez, e as súas pegadas no mar e na terra.

Comparte esto:

3 ESO, Curso 20/21, Educación Plástica, ESO, Trabajos

Continuar leyendo

Punto- Liña- Plano: Traballos de 1º da ESO

Este 2º Trimestre, @s alumn@s de 1º da ESO, traballaron os elementos básicos do debuxo » Punto, Liña e Plano». Partiron da inspiración dun debuxo inicial, tomando como referencia as características do movemento artístico do «Puntillismo» (mestura de cores, tamaño e distancia entre puntos para dar efecto de volume). Unha vez elaborado o traballo de puntos, o reto foi crear a mesma obra con liñas e planos. Todo un exemplo de esforzo, creatividade e bo facer. Estes son só algúns dos excelentes resultados:

Comparte esto:

1 ESO, Curso 20/21, Educación Plástica, ESO, Trabajos

Continuar leyendo

«Claroescuros» dos alumnos de 3º da ESO

Estes son algúns dos incribles e expresivos traballos de fotografía que realizaron @s alumn@s de 3º da ESO, dentro do tema de «Luces e sombras», no que tiñan que realizar un selfie coa técnica do claroescuro en B&N ou a cor. Esta técnica consiste no emprego de contrastes fortes, entre as zonas iluminadas e as que non iluminadas, para crear maiores efectos de relevo a través da graduación de tons lumínicos. Non pode estar mellor, nin el@s máis bonitiñ@s.

Comparte esto:

3 ESO, Curso 20/21, Educación Plástica, ESO

Continuar leyendo

Aviso sobre Cookies en WordPress por Real Cookie Banner