Adscrición ao IES Gonzalo Torrente Ballester

Por resolución da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de data 11/01/2023 se lle asigna ao noso centro, o CPR Sagrado Corazón de Placeres como como centro adscrito para bacharelato o IES Gonzalo Torrente Ballester.

Esto implica que todo o alumnado que decida continuar os seus estudos en Bacharelato, teñen praza reservada neste centro sempre e cando realicen a RESERVA no prazo comprendido entre o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro de 2023 a través da aplicación admision alumnado, ou ben en formato impreso na secretaría do colexio no que cursan actualmente 4º da ESO (non no centro de destiño de Bacharelato).

O feito de NON realizar a reserva, implica a renuncia a praza reservada nese centro adscrito.


O feito de SI realizar a reserva, implica a asignación de praza no centro adscrito. Dita solicitude considerase DEFINITIVA agás no caso de renuncia no periodo de admisión.


Se unha familia prefire optar a outro centro de Bacharelato, NON DEBERÁ cubrir a solicitude de reserva (o que implica a renunica á praza reservada nese centro) e optará ao centro ou centros escollidos por orde de prioridade, dentro do prazo ordinario do 1 ao 20 de marzo, seguindo os criterios de baremación, de ser o caso, e entregando a solicitude no centro de primeira opción.


Para calquera consulta ao respecto, non dubiden en poñerse en contacto coa secretaria do
colexio no teléfono 689 12 46 81.

Comparte esto:

Avisos, Curso 23/24, ESO

SAGRADO CORAZÓN PLACERES

Colegio Sagrado Corazón Placeres
Barrio do Cabo, Rúa da Praia nº 8
36910-Pontevedra  
Tfno: 689 12 46 81

Tfno: 986 88 13 49

LOCALIZACIÓN

© Sagrado Corazón de Placeres 2023