Concurso fotográfico Pegadas de mar e de Terra
Os alumnos de 3º da ESO presentáronse ao concurso fotográfico xuvenil convocado polo Museo de Pontevedra co título «Pegadas de mar e de terra«. Como actividade complementaria á exposición de José Suárez, propuxeron un concurso de fotografía co móbil no que inmortalizar o traballo das nosas xentes, como fixo no seu día José Suárez, e as súas pegadas no mar e na terra.