Tortas de millo e un cóctel sanguento por Samaín

Para despedir o mes de outubro e festexar o Samaín cociñamos xuntos unhas receitas. Nesta ocasión invitámosvos a merendar unhas tortas de millo terroríficas e un cóctel sanguento. 

Tomade papel e lapis e anotade os ingredientes:

  • Para a torta terrorífica: tortas de millo, queixo e xamón de york.
  • Para a bebida refrescante: iogur líquido, arandos, framboesas, melón (boliñas para os ollos) e marmelada de amorodos.

Trátase dun menú sinxelo pero delicioso. Animádevos a facelo.

Bo Samaín!

Comparte esto:

Curso 22/23, Educación Especial, Trabajos