O alumnado de 2º de Educación Primaria comeza o ano tomando conciencia medioambiental cunha saída a Naturnova, o Centro Interactivo de Educación Ambiental en Vigo.
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participa na elaboración do Decálogo Voz Natura contra a Crise Climática proposto polo comité organizador do programa mediambiental do xornal A Voz de Galicia neste inicio de curso.
Presionando sobre los siguientes botones podrá consultar/descargar el listado de libros y cuadernos correspondientes a los niveles educativos indicados para el próximo curso académico 2025/26.
Os residuos orgánicos das nosas merendas e comedor non se tiran ao lixo, senón que dúas patrullas se encargan de recollelos e depositalos nos composteiros ubicados no bosque do centro.
O alumnado de 6º de Educación Primaria desenvolve al longo do curso un proxecto sobre compostaxe escolar, asumindo a responsabilidade de recoller os residuos orgánicos de todos os cursos de Educación Primaria.
O pasado 6 de febreiro, o alumnado de 1º Educación Primaria visitou o campus universitario de Pontevedra, concretamente a Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra, no Campos Universitario da nosa cidade.
As nosas familias participan no concurso de Nacementos e Misterios organizado polo Departamento de Pastoral, como cada decembro.
Para as súas creacións empregan o seu propio corpo e pinturas, cartolinas, fitas, lá, elementos naturais, como piñas, ramas verdes, pauciños ou palla, e reutilizan vasos de café, cubertos de madeira ou caixas de cartón e de ovos.
Nesta edición resultaron gañadores Athenea, Xurxo, Alba e India e as súas familias. Parabéns!
No presente curso vimos de obter a concesión dunha subvención financiada polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU có apoio da Xunta de Galicia.