A escola na rúa: Asociación Os Palleiros

O pasado luns día 8,  os alumnos/as de 3º de Educación Primaria asistiron a unha charla da asociación Protectora de animais “Os Palleiros”; cunha visita moi especial e totalmente inesperada duns amiguiños peludos de catro patas. 

Gloria, da asociación, faloulles do traballo que fan as protectoras e a importancia das mesmas e os rapaces participaron moi ilusionados, facendo todo tipo de preguntas e compartindo experiencias persoais. O máis importante de todo é que aprenderon moitas cousas novas acerca das responsabilidades de ter unha mascota. 

Por outro lado, Gloria contoulles sobre a posibilidade de participar de maneira voluntaria nos paseos caninos os martes, xoves e sábados de cada semana. O único que fai falla é ir cunha persoa maior de idade, unha correa e moitas ganas de facer pasar un bo rato aos nosos amiguiños peludos. 

A raíz da charla recibida, podemos contarvos, que nesa mesma semana algúns dos alumnos do centro, foron á protectora para pasear aos can. Á semana seguinte, contaron a súa experiencia ao resto de compañeiros de clase.

Esperamos moi ilusionados/as que os nosos amiguiños peludos segan recibindo marabillosas visitas dos nenos/as do Colexio Sagrado Corazón Placeres ao longo do curso. 

Comparte esto:

3 Ed.Primaria, Educación Primaria, Escola na Rúa

SAGRADO CORAZÓN PLACERES

Colegio Sagrado Corazón Placeres
Barrio do Cabo, Rúa da Praia nº 8
36910-Pontevedra  
Tfno: 689 12 46 81

Tfno: 986 88 13 49

LOCALIZACIÓN

© Sagrado Corazón de Placeres 2023