Día das Letras Galegas 2019

Un ano máis celebramos no noso colexio o «Día das Letras Galegas» adicado este 2019 a «Antón Fraguas Fraguas», escritor, profesor, historiador, etnógrafo e antropólogo pontevedrés que adicou a súa vida a defender a cultura e a lingua galega, así como as nosas tradicións.
Autor de numerosas obras como:
-«A festa popular en Galicia»
-«Literatura oral en Galicia»
-«Lugo»
-«Romarías e santuarios»
-«Celso Emilio Ferreiro»
Recibiu moitos premios entre os que cabe destacar: «Pontevedrés do ano», o «Pedrón de Ouro», a «Medalla Castelao», o «Premio Otero Pedrayo» e o «Premio das Artes e das Letras de Galicia».
Para festexar este día os rapaces coñeceron e traballaron a vida e a obra deste ilustre escritor, recolleron imaxes e palabras relacionadas cos instrumentos musicais típicos galegos, a nosa gastronomía, os aparellos de labranza, as embarcacións e a arquitectura e a vestimenta propiamente galegas. Ditas imaxes cos seus nomes adobiaron os corredores do colexio, para que todos puideramos ter acceso a elas.

Ao longo da mañá do 16 de maio, celebrouse un acto onde os alumnos puideron asistir á proxección dun Power Point sobre «Antón Fraguas Fraguas», escoitaron como un grupo de rapaces de 4º de ESO recitaron varios poemas de escritores e escritoras galegos, puideron gozar dunhas pezas musicais tocadas coa gaita e con pandeiretas e remataron cantando o «Himno de Galicia».
Celebraciones, Curso 18/19, Educación Especial, Educación Infantil, Educación Primaria, ESO, Lengua Castellana/Gallega