O alumnado de 2º ESO realiza unha videochamada con membros da Base Antártica Gabriel de Castilla, despregada na Illa Decepción (Antártida), co obxectivo de coñecer en profundidade a súa labor durante os 3 meses que dura a campaña.
Aproveitando o día solleiro co que amencemos este xoves, o alumnado da aula Azul desprazouse ata a praia da Posta, que nos recibe á entrada do centro, ataviado con caldeiros, capachos, bolsas e luvas de tea para realizar labores de limpeza e clasificación de refugallos.
A Patrulla Verde de 3º de Educación Primaria foi a encargada das tarefas de limpeza do patio nesta xornada matinal, despois de suspendela en varias ocasións polo mal tempo das semanas pasadas.
O alumnado de 1º e 2º da ESO desenvolveu un proxecto de investigación na súa clase de inglés como contribución ao proxecto de centro «Colecircularidade», que se centra no uso responsable dos recursos naturais, a economía circular e, especialmente este ano, a auga.
Desde el departamento de matemáticas planteamos diferentes tipos de pruebas y exámenes para motivar al alumnado y fomentar el interés, el esfuerzo y la ayuda entre los alumnos. En esta ocasión les propusimos utilizar las técnicas del trabajo cooperativo para realizar un examen en 4º de ESO en el que se tenían que enfrentar a problemas de trigonometría, vectores y rectas.
O alumnado de 3º ESO é o encargado da campaña solidaria «Un xoguete meu, un xoguete para todos» un curso máis. As familias do centro entregan xoguetes en bo estado para doalos á Asociación Boa Vida, de Pontevedra, encargada do reparto entre a cativada da zona.
Os rapaces e rapazas máis pequenos únense aos venres sostibles empregando, por unha banda, envases de varios usos nas súas merendas diarias, e pola outra, mercando un bocadillo durante o recreo cada venres. Desta maneira non só colaboran co medio reducindo os plásticos, senón que participan no proxecto solidario «Tini», en Layo-Perú, unha comunidade indíxena formada por 10 familias en situación de pobreza e anemia severa, que habita nunha localidade moi árida a máis de 4000 metros de altitude.
O alumnado de 2º de Educación Primaria comeza o ano tomando conciencia medioambiental cunha saída a Naturnova, o Centro Interactivo de Educación Ambiental en Vigo.