Etiqueta: Trabajos

Traballando a cor amarela en Educación Infantil

Os nenos/as de 4 anos fixeron zume de limón. O primeiro foi tocalo para sentir a rugosidade, despois cortalo pola metade para ver como era por dentro e como quedaba dividido en dous. Puxeron a proba a súa forza ó exprimilo, e coñeceron unha nova palabra «exprimidor» coa letra E que estamos a traballar nestre intre .

Cada un cheirouno e probouno a pesares de que estaba moi amargo, e algún quixo repetir. Chamoulles a atención que quedase totalmente baleiro ó exprimilo. As súas caras dino todo do seu sabor.

Comparte esto:

Actividad Cultural, Curso 14/15, Educación Infantil, Trabajos

Continuar leyendo

Elaboración das roscas de Pascua

Os nenos/as de 4º de Infantil realizaron un pequeno taller de. As profes realizaron un pequeno volcán coa fariña no que se iban volcando tódolos ingredientes e mesturando a masa.
 
Despois dun rato e por arte de maxia, as bolas creceran, tendo aí a oportunidade de amasar cada un deles un anaco , facer churros, círculos… nada mellor para traballar a motricidade fina.
 
Para rematar, cada un deles colocou a súa mini rosca na bandexxa e ó forno.
Comparte esto:

Actividad Cultural, Curso 14/15, Educación Infantil, Trabajos

Continuar leyendo

«Traballando a Paz en 1 de Educación Primaria»

Como vos explicamos na reunión do pasado martes, estamos a traballar rutinas de pensamento na aula para favorecer o pensamento reflexivo e a creatividade.
Deixámosvos algunhas fotos da dinámica CSI (cor, símbolo, imaxe). Nesta rutina pídese aos alumnos/as que identifiquen e reflexionen sobre a esencia das ideas mediante o uso dunha color, un símbolo e unha imaxe que represente estas ideas.
Pódese empregar para mellorar a comprensión de textos, videos ou audicións. A síntese ocorre cando os alumnos/as seleccionan unha soa cor, un só símbolo e unha soa imaxe para representar tres ideas importantes. Trala rutina pódese debatir sobre as súas eleccións de modo que teñan que argumentalas e defendelas.

Aquí podedes ver aos nenos/as de 1ºPrimaria realizando un CSI sobre un poema da Paz.

Comparte esto:

Trabajos

Continuar leyendo

Creando conciencia: Día Mundial da Auga 2015

O día 22 de Marzo celebramos o Día Mundial da Auga.

Dialogamos sobre a importancia da auga na nosa vida, fixemos fincapé no bo uso deste recurso limitado e repasamos os comportamentos e actitudes cos que todos podemos colaborar.

Despois elaboramos unhas gotas de auga con cartulinas, pintura e cola. En cada gota escribimos unha mensaxe recordando a importancia deste recurso.

Por último, costruímos unha orixinal escultura realizada con botellas de prástico.

Comparte esto:

Ciencias, Curso 14/15, Educación Infantil, Pastoral, Trabajos

Continuar leyendo

SAGRADO CORAZÓN PLACERES

Colegio Sagrado Corazón Placeres
Barrio do Cabo, Rúa da Praia nº 8
36910-Pontevedra  
Tfno: 689 12 46 81

Tfno: 986 88 13 49

LOCALIZACIÓN

© Sagrado Corazón de Placeres 2023