Finalistas do Concurso de debuxo de legumes

Temos dous alumnos de 6º de Educ. Primaria finalistas do Concurso de Debuxo de legumes.

O Liceo de Pontevedra acolle desde onte a mostra dos preto de 400 debuxos participantes na edición deste ano que se convocou con motivo do ano internacional dos legumes. Ao concurso presentáronse colexios das catro provincias galegas, de Madrid ou Castellón.

Entre todos os finalistas, 5 en cada categoría, atópanse dous alumnos de sexto de Educación Primaria: Manuel Peteiro e  Hugo G.

arrido. Eles súmanse a outros dous compañeiros de 3º e un de 5º de primaria aos que lle damos os parabéns.

Esta é a segunda vez que alumnos de sexto atópanse entre os finalistas deste certame que cada ano convoca a Misión Biolóxica de Galicia integrada por diferentes organismos. Precisamente hai un ano, Beatriz Boo e Carla Barreiro lograban ser finalistas cos seus debuxos. 

O venres 18 de novembro o Liceo Casino acollerá ás 19:00h un acto dirixido ao alumnado participante no concurso e ao público en xeral durante a cal Anxo Soto García, profesor do CIFP Carlos Oroza, impartirá unha charla sobre os legumes e farase público o fallo cos gañadores. Todos os Colexios participantes serán recoñecidos con diplomas finalistas. En canto aos premios, entregarase un primeiro e un segundo por categoría. Convidámosvos a participar no acto.  

Para os que visitedes o Liceo ao longo destes días, poderedes ver expostos, ademais dos finalistas, todos os debuxos enviados polo Colexio de Placeres.  

 

Comparte esto:

6 Ed.Primaria, Ciencias, Concursos, Curso 16/17, Educación Primaria, Trabajos

SAGRADO CORAZÓN PLACERES

Colegio Sagrado Corazón Placeres
Barrio do Cabo, Rúa da Praia nº 8
36910-Pontevedra  
Tfno: 689 12 46 81

Tfno: 986 88 13 49

LOCALIZACIÓN

© Sagrado Corazón de Placeres 2023