Bioeconomía do futuro
Os alumnos de 3º e 4º da ESO asistiron a unha charla impartida polo profesor da Universidade de Vigo, Óscar Gonzáolez da Escola de Enxeñería de Forestais sobre Bioeconomía do futuro. Os alumnos aprenderon que a Bioeconomía é un modelo baseado na produción de recursos biolóxicos renovables e a conversión destes recursos en produtos de valor engadido como bioproductos, bioenerxía e biodiversidade. A Biodiversidade traballa co modelo de Economía Circular.