Skip to main content

Categoría: entradas

{jcomments on}

As nosas veciñas do aire

Este curso 2023-24 o alumnado de 1º ESO, dentro do proxecto de «Diario de Campo»,  estudaron o nome en galego  das aves que podemos ver a cotío e nos amenizan cos seus cantos e as súas cores. Realizaron varias actividades con este léxico (glosario, xogos, Kahhots…), e entre elas a actividade «As nosas veciñas do aire» que realizaron xunto coa materia de Ed. Plástica e Visual. Nesta actividade buscaron e elixiron un paxaro para debuxalo  e pintalo con témperas. Pintáronos polos dous lados, recortáronos e fixéronlles un buratiño por onde poder colgalos. Fixeron despois unha exposición con todos eles no corredor que leva ás súas clases para poder lembrar e repasar os seus nomes cada vez que os observan.

Comparte esto:

Curso 23/24, Educación Plástica, ESO, Trabajos

Continuar leyendo

O círculo

A finais do segundo trimestre e principios deste terceiro @s alumn@s de 1º da ESO, dentro da unidade didáctica de debuxo técnico, traballaron co círculo elaborando unha longa cortina de círculos. Mediron e calcularon o número de círculos necesarios para cubrir os máis de 6 metros que lles tocaba elaborar a cada grupo, debuxaron e recortaron cada círculo e distribuiron o traballo á hora de colocalos en cadansúa tira. Traballaron con moito esforzo e obtiveron un gran resultado. 

Comparte esto:

1 ESO, Curso 23/24, Educación Plástica, ESO, Polos creativos, Trabajos

Continuar leyendo

Construyendo y programando indicadores de parámetros físicos

Este pasado mes de abril, en la materia de Tecnología y Digitalización, los alumnos de 2º ESO han empleado las placas microbit para construir y programar indicadores del nivel de luz ambiental. El mismo dispositivo podría usarse, más adelante, como indicador de otros parámetros físicos medidos por los sensores de la microbit (sonido, temperatura, inclinación…).

Comparte esto:

2 ESO, Curso 23/24, ESO, Polos creativos, Tecnología, Trabajos, Vídeos

Continuar leyendo

Mantendo a horta

Na última semana do segundo trimestre quixemos deixar a punto a horta. Por iso, nestas xornadas, contamos coa colaboración do alumnado da aula Verde, que traballou arreo para deixar a horta lista ata a volta das vacacións de Semana Santa. Xuntos plantamos bulbos, recoletamos limóns, quitamos malas herbas, recollemos plásticos, hacemos compost e podamos as ramas secas do ourego.

Comparte esto:

Curso 23/24, Educación Especial, Voz Natura

Continuar leyendo