O 22 de outubro, o alumnado do terceiro ciclo de Educación Primaria e ESO gozaron do monólogo científico «Móvete co bioetanol», de Big Van Ciencia, que lles achegou en tono de humor conceptos clave sobre os retos de desenvolvemento sostible e a tecnoloxía do bioetanol.
O 24 de setembro, o alumnado da aula Azul e 4º ESO B iniciaron viaxe cara A Coruña para gozar do premio acadado o pasado mes de xuño polos seus respectivos cadernos de campo, presentados ao concurso da Voz de Galicia «Xornalistas Naturais» o curso pasado.
Como actividade de fin de curso o alumnado de 1º da ESO pintaron despois de moldear en arxila branca unhas fichas para o xogo do Tres en Raia. Eleximos o tema da alimentación porque o estabamos dando en lingua galega dentro do proxecto «Guía definitiva de alimentos de tempada para os que queren salvar o planeta».
O aumnado de 1º ESO colaborou cos rapaces da aula Azul na limpeza da praia da Posta e do areal próximo a autovía, aproveitando a marea baixa deste venres.
Entre todos xuntaron cinco bolsas de refugallos, como plásticos, cordas, bolsas, botellas, etc. pero, sen dúbida, o que máis lles chamou a atención foi a gran cantidade de vidros e cerámicas que recolleron!
Ledos polo seu traballo comprometéronse a axudarnos noutas saídas para limpar e coidar a praia.
Neste terceiro trimestre o alumnado de 3º ESO creou un florido mural para celebrar a chegada da primavera con un cento de rosas elaboradas con espirais. Primeiro, en debuxo técnico, aprenderon a trazar varios tipos de espirais. Despois debuxaron un destes tipos en folios de cores ou cartolinas. Recortáronas para enroscalas e crear, así, as fermosas rosas que pegaron nas letras que compoñen a palabra: «PRIMAVERA».
O alumnado da aula Azul, igual que os séus compañeiros de 3º ESO, resultou gañadora no concurso Caderno de Campo – Xornalistas Naturais, pertencente ao programa Prensa-Escola do xornal «A Voz de Galicia».
Durante máis dun mes observamos e rexistramos os cambios que aconteceron nun recuncho da aula para investigar o ciclo vital das bolboretas de seda.
Comezamos colocando os ovos dentro dunha caixa con buratos ata que as pequenas eirugas despertaron e saíron da casca. Aos poucos minutos xa estaban comendo follas de moreira!