Etiqueta: Avisos

Comunicación: AXUDAS LIBROS

libros

Onte e hoxe enviouse unha nota informativa as familias en relación coas xudas para a adquisición de libros para o vindeiro curso, e na que se facía as seguinte puntualizacións:

Existen 2 tipos de convocatorias.

  • AXUDAS DE LIBROS para alumnos de 1º, 2º, 4º, 6º de Educación Primaria, e 1º e 3º da ESO (Normativa: Orde do 22 de maio de 2015 – DOG do 1 de xuño). Estas axudas serán semellantes ás de anos anteriores onde se obtén un cheque libro co valor do mesmo para canxear na libraría.
  • FONDO SOLIDARIO, destinado aos alumnos de 3º e 5º de Educación Primaria e 2º e 4º da ESO (Normativa: Orde do 21 de maio de 2015 – DOG do 1 de xuño). Neste caso, non se obtén cheque, senón que se opta aos libros recollidos no centro do curso anterior, e que ten o seu propio procedemento especifico de tramitación cunha solicitude que se poderá recoller na portaría do Centro ou a través do modelo da propia convocatoria.

En ambo los dous casos é requisito indispensable A DEVOLUCIÓN DOS LIBROS ADQUIRIDOS CO CARGO AO CHEQUE DO CURSO ANTERIOR. (Exceptúase desta obriga ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, alumnado de Educación Especial ou alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%).

PRAZOS:

  • CONVOCATORIA AXUDAS LIBROS:
    • Educación Primaria e Educación Especial: ata o 2 de xullo.
    • Educación Secundaria Obrigatoria: Prazo ordinario – do 25 de xuño ao 27 de xullo.
    • Educación Secundaria Obrigatoria: Prazo extraordinario – do 2 de setembro ao 2 de outubro.
  • FONDO SOLIDARIO:
    • 2 ao 30 de xuño de 2015 segundo modelo normalizado reflectido na convocatoria.


Comparte esto:

6 Ed.Primaria, Avisos

Continuar leyendo

Campamento Lúdico de Verano 2015

Campamentos de verano 2015

Os dejamos en esta entrada el enlace al tríptico con la información sobre los campamentos de verano correspondientes al verano de 2015. Recordamos que estos campamentos están abiertos a alumnos de otros centros. Para los alumnos del Sagrado Corazón de Placeres, esta infomación se ha enviado a todos los tutores a través de la plataforma.

Descargar pdf

Campamentos de verano 2015

{jcomments on}

 

Comparte esto:

Avisos, Curso 14/15

Continuar leyendo

III Xornada de Observación de Aves Acuáticas

O vindeiro sábado día 22 de novembro terá lugar no colexio a: III Xornada de Observación de aves acuáticas, actividade aberta ao público e gratuita tanto para nenos como para adultos. Estades todos invitados.

As xornadas celébranse gracias a colaboración do ornitólogo Victor Xosé Cabaleiro Barroso, autor da Guías de aves  do Espazo Natural de Interese Local Xunqueira de Alba ediatada pola Conselleria de Medio Ambiente Natural; Concello de Pontevedra.

Como xa sabedes xa levamos dúas experiencias de este tipo que resultaron do agrado dos participantes.

Prégase, se é posible, que os participantes veñan provistos de prismáticos.

Comparte esto:

Avisos, Ciencias, Curso 13/14, Educación Primaria, ESO

Continuar leyendo