El pasado, día 25 de enero, alumnos de 2ºESO, acompañados de un pequeño grupo de alumnos de 1º y 3º ESO han participado en una videoconferencia con personal de la Base Antártica Gabriel de Castilla, gestionada por el Ejército de Tierra (ET).
Este Nadal, o alumnado da aula Azul agasalla as súas familias cun «vaciabolsillos» inspirado nas follas das árbores no outono que realizaron nos obradoiros.
Traballaron coa pasta de secado ao aire e empregaron pinturas metalizadas para decoralas e darlles un aspecto máis festivo, propio destas datas.
Os rapaces e rapazas das aulas Vermella e Laranxa realizaron un obradoiro onde puideron traballar os sentidos do olfacto, do gusto e do tacto mediante a manipulación de distintos froitos de tempada.
Os alumnos de 3º da ESO visitaron as instalacións de Sogama (Sociedade Galega do Medio Ambiente). Esta visita é unha actividade relacionada con proxecto Escola Verde do Plan Proxecta da Xunta de Galicia que está incluido dentro da pata de residuos do proxecto de centro Colecircularidade.
A escola participa este ano no proxecto PlasticNONs coordinado polo Club de Buceo ONS. Este proxecto traballa a pata de residuos incluída no proxecto Colecircularidade. Ao longo deste ano o alumnado de 4º e 3º da ESO traballará a concienciación sobre os residuos que chega á nosa Ría. As actividades realizadas dentro deste proxecto que se inclúe dentro do proxecto de centro Colecircularidad consta das seguintes actividades:
No presente curso vimos de obter a concesión dunha subvención financiada polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU có apoio da Xunta de Galicia.
Estimadas familias, informamos que xa están dispoñibles as listaxes definitivas de adxudicación de libros de texto do fondo de libros para 3º e 4º de EP. Poderán consultalas na portería do colexio ou no teléfono 986881349.
O alumnado da aula Azul desprazouse ata A Coruña para desfrutar do seu premio como gañadores da 1ª Edición do concurso «Caderno de campo-xornalistas naturais», do programa prensa-escola do xornal A Voz de Galicia.