Categoría: entradas
{jcomments on}
«Marmelada para todos»
Os nenos/as de 3 anos fixeron marmelada pasiño a pasiño coa axuda das profes. Pelaron e cortaron as mazàs.
Trouxeron a auga e puxérona ó lume, removeron, botaron o azucre e seguiron removendo facendo círculos.
Experimentaron co estado da auga, o cheiro ó cocerse…. Para rematar batérono e encheron o seu tarriño, no cal pegaran o seu nome.
Antes de sair do cole repasaron tódolos pasos a seguir e os ingredientes. ¡Mmmmm….delicious!
«Traballando os círculos con Wassily Kandinski»
Que mellor pintor para practicar o círculo. Despois de facer rodas no aire, pasear sobre unha corda en forma de círculo, seriar con círculos, agora tocaba pintar círculos. Xirando, e xirando fixeron uns círculos concéntricos ó estilo deste pintor ruso autor de, entre otros, do «Color Study. Squares with Concentric Circles».
«Concurso de Calabazas Samaín 2014»
O Outono chegou e moitas follas nos deixou
Os nenos/as de 4ºA de Infantil e a aula Vermella recolleron follas do outono, experimentando con elas, clasificándoas por cores, formas, pisáronas, cheiránonas e tiránonas polo aire…
Axenda21, Ciencias, Curso 14/15, Educación Especial, Educación Infantil
«Estudando o noso corpo»
Nesta primeira unidade do curso, os nenos/as de 5 anos elaboramos unha pequena exposición nas nosas aulas sobre: O corpo Humano.
Coas cousas que tiñamos na aula e moitas máis que trouxeron eles da casa: debuxos, xogos, calaveras, libros… elaboramos a nosa pequena exposición.
Traballamos o esqueleto coñecendo máis cousas sobre os osos, articulacións e como coidalos. Incluso fixemos os nosos propios esqueletos con plastilina e arxila branca.
Charla sobre Seguridade no Entorno Escolar
O pasado día 23, os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria e de 1º ESO asistiron a unha charla sobre Seguridade no Entorno Escolar. Os encargados de impartila foron dous funcionarios do Corpo Nacional de Policia, Manolo e Iván. Os temas que trataron foron moi interesantes e importantes, como o acoso escolar, a seguridade na Internet ou a prevención no consumo de drogas. En vindeiras datas, alumnos de 6º de Primaria e da ESO, asistirán a charlas similares.
Velaquí unha foto dos alumnos e alumnas durante o transcurso da charla.
1 ESO, 5 Ed.Primaria, Charla, Curso 04/05, Educación Primaria, ESO
«Who is who?»
This week, the students of the Third Grade A of Primary Education made their own Who is who? game. They draw themselves and hung their drawings on the wall. Can you guess who is who?
«No Pazo da Cultura: «A Tempestade»»
O pasado día 23 de outubro os alumnos de 3º ESO do noso colexio tiveron a grande sorte de poder asistir á representación teatral dunha das grandes obras de Shakespeare, «A tempestade», levada ao escenario pola «Compañía Voadora».
«A Tempestade» trata temas como a traizón, a vinganza e o amor; todos eles recorrentes nas obras de Shakespeare.








