Un ano máis na horta de Educación Especial
Este mes de outubro, os alumnos e alumnas das aulas Verde e Azul comezamos as tarefas da horta dunha forma un tanto diferente: coa recollida da nosa primeira produción de mazás!, mazás «tabardilla».
Para celebralo e evitar que se estragasen convertémonos en cociñeiros e elaboramos marmelo de mazá. 
Convivendo cos cabalos na hípica Appaloosa
Hoxe os alumn@s e mestres de Ed.Especial fomos pasar unha xornada na hípica Appaloosa, experiencia que vimos facendo dende cursos pasados descubrindo sensacións ós nov@s alumn@s e afianzando a experiencia ao resto.
Visita á Finca Montero Ríos. 5 Educación Infantil
Este venres 7 de Novembro, os nenos/as de 5° de E. Infantil e nenos da aula Amarela visitamos a Granxa MMontero Ríos, onde fomos recibidos por un guía moi amable, que nos acompañou nun bonito percorrido.
Poidemos disfrutar das cores e aromas do outono en todo o seu esplendor, xa que íamos ben preparados coas nosas botas e impermeables. Disfrutamos moito vendo as árbores tan altas que hai, pisando os ourizos caídos, descubrindo cogumelos agochados e ata tivemos tempo de merendar cuns raiños de sol.
Foi unha mañá moi ben aproveitada!
Analizando cadros. Vexo, penso pregúntome
Os alumnos de 2º ESO A e 4º ESO A e B traballaron esta semana en lingua galega de maneira cooperativa a rutina de: «Vexo, penso, pregúntome». Para isto, tiveron que organizarse en grupos de tres e catro, no que cada un tiña unha responsabilidade a nivel escrito e a nivel oral. Despois de observar un cadro de Munch titulado «O berro» (El grito) no caso dos alumnos de 2º ESO A e «Atardecer no paseo Karl Johann» no caso de 4º ESO A e B, tiveron un tempo determinado para plasmar por escrito que era o que vían no cadro, logo que lles suxería e por último, que preguntas lles viñan á mente despois de ver esa obra pictótica. A continuación, cada membro do grupo foi expondo en voz alta todo aquilo que tiñan apuntado no folio e do que previamente falaran.
A actividade resultou todo un éxito, posto que se trataba de que non só practicasen a lingua oral e escrita, senón que utilizasen o razoamento, practicasen o silencio, a escoita e o respecto cara ás opinións dos demais.
FOTOS DE 2º ESO A
Traballando cooperativamente a Literatura Popular
Unha das grandes xoias da nosa literatura é a «Literatura Popular», que nos foi transmitida de xeración en xeración de forma oral desde que somos uns cativos. 
Pois ben, durante estas semanas estivemos traballando esta fonte de sabedoría cos alumnos de 3º ESO, utilizando o traballo cooperativo e máis concretamente mediante a rutina de K.W.L. Os rapaces organizáronse en grupos de tres e catro, para contestar a tres preguntas: «que sei sobre a literatura popular?, que quero saber? e que aprendín sobre ela?» Despois de contestar a estas cuestións, utilizando a estratexia do folio dobrado, expuxeron en voz alta as súas respostas de tal maneira que comprobaron como moitos dos seus coñecementos previos sobre este tipo de literatura e as súas inquedanzas eran compartidas por case todos.A continuación, escribiron no encerado toda a información obtida e realizaron un esquema no que recolleron: a orixe, as características, os xéneros cultivados en prosa e en verso, e os autores e obras máis representativos da literatura popular.
Finalmente, leron, escoitaron e comentaron contos, lendas, refráns, adiviñas, trabalinguas, romances, cantigas e ata unha regueifa.
«Poppy day»
El pasado 7 de Noviembre los alumnos de tercero de primaria elaboramos nuestra propia Poppy, de esta forma  descubrieron el porqué los británicos conmemoran ese día.
 
 
 
                
                
            «2 ESO no Pazo da Cultura: Impreuna»
Hoxe os alumnos de 2º  ESO asistiron á representación teatral da obra «Impreuna» da compañía «PistaCatro», que tivo lugar no Pazo da Cultura. O espectáculo está ambientado na época actual e está mergullado integramente nos códigos artístiscos do circo (malabares, aéreos, acrobacias e clown), todo isto sen renunciar á fusión con outras artes vivas como a danza, o teatro físico e a comedia.














