Aínda que sempre tratamos de que as nosas merendas sexan o mais saudables e nutritivas posibles, este día fixémolo dun xeito especial, adicándonos en exclusiva as froitas. Pasámolo moi ben clasificándoas, lavándoas e preparando unas ricas brochetas, das que por suposto dimos boa conta.
Coa canción «En mi debilidad» de Brotes de Olivo, recordamos aos damnificados no tifón que azotou Filipinas. Ás 10:00 da mañán toda a Comunidade Educativa concentrouse fóra das aulas para levar a cabo este acto. Os alumnos portaron pancartas de apoio e amosaron a súa solidaridade ao tempo que se facía lectura dun manifesto e un minuto de silencio que foi acompañado coa canción que ao longo da semana traballouse nas aulas. Posteriormente, polas mans dos alumnos pasáronse as caixas coas que se recolectaron os donativos para enviar a Filipinas. Un total de 522,44 €que supoñen unha pequena pero xenerosa axuda para evitar que o número de víctimas aumente por falta de recursos básicos e comezar a reconstrucción dun país desfeito nun 70%.
Cun forte aprauso remataron os alumnos este breve acto que a pesar do frío, deixou a quentura da solidaridade con aqueles que máis o necesitan.
Onte e hoxe enviouse unha nota informativa as familias en relación coas xudas para a adquisición de libros para o vindeiro curso, e na que se facía as seguinte puntualizacións:
Existen 2 tipos de convocatorias.
AXUDAS DE LIBROS para alumnos de 1º, 2º, 4º, 6º de Educación Primaria, e 1º e 3º da ESO (Normativa: Orde do 22 de maio de 2015 – DOG do 1 de xuño). Estas axudas serán semellantes ás de anos anteriores onde se obtén un cheque libro co valor do mesmo para canxear na libraría.
FONDO SOLIDARIO, destinado aos alumnos de 3º e 5º de Educación Primaria e 2º e 4º da ESO (Normativa: Orde do 21 de maio de 2015 – DOG do 1 de xuño). Neste caso, non se obtén cheque, senón que se opta aos libros recollidos no centro do curso anterior, e que ten o seu propio procedemento especifico de tramitación cunha solicitude que se poderá recoller na portaría do Centro ou a través do modelo da propia convocatoria.
En ambo los dous casos é requisito indispensable A DEVOLUCIÓN DOS LIBROS ADQUIRIDOS CO CARGO AO CHEQUE DO CURSO ANTERIOR. (Exceptúase desta obriga ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, alumnado de Educación Especial ou alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%).
PRAZOS:
CONVOCATORIA AXUDAS LIBROS:
Educación Primaria e Educación Especial: ata o 2 de xullo.
Educación Secundaria Obrigatoria: Prazo ordinario – do 25 de xuño ao 27 de xullo.
Educación Secundaria Obrigatoria: Prazo extraordinario – do 2 de setembro ao 2 de outubro.
FONDO SOLIDARIO:
2 ao 30 de xuño de 2015 segundo modelo normalizado reflectido na convocatoria.
É o mes de Maio o mes de María, os nenos de 5º de Educación Infantil celebrámolo dun xeito especial o día 13, cunha visita á Virxe de Lourdes na gruta do cole. Alí rezámoslle como mellor nos sabemos: cantándolle e adicándolle as nosas poesías, flores e bichos.