O 24 de setembro, o alumnado da aula Azul e 4º ESO B iniciaron viaxe cara A Coruña para gozar do premio acadado o pasado mes de xuño polos seus respectivos cadernos de campo, presentados ao concurso da Voz de Galicia «Xornalistas Naturais» o curso pasado.
O aumnado de 1º ESO colaborou cos rapaces da aula Azul na limpeza da praia da Posta e do areal próximo a autovía, aproveitando a marea baixa deste venres.
Entre todos xuntaron cinco bolsas de refugallos, como plásticos, cordas, bolsas, botellas, etc. pero, sen dúbida, o que máis lles chamou a atención foi a gran cantidade de vidros e cerámicas que recolleron!
Ledos polo seu traballo comprometéronse a axudarnos noutas saídas para limpar e coidar a praia.
O alumnado da aula Azul, igual que os séus compañeiros de 3º ESO, resultou gañadora no concurso Caderno de Campo – Xornalistas Naturais, pertencente ao programa Prensa-Escola do xornal «A Voz de Galicia».
Durante máis dun mes observamos e rexistramos os cambios que aconteceron nun recuncho da aula para investigar o ciclo vital das bolboretas de seda.
Comezamos colocando os ovos dentro dunha caixa con buratos ata que as pequenas eirugas despertaron e saíron da casca. Aos poucos minutos xa estaban comendo follas de moreira!
Nas útimas sesións dos obradoiros os alumnos de Educación Especial decoramos, coa técnica da estampaxe, uns manteis individuais que seguro lle daremos bo uso na casa.
Na última semana do segundo trimestre quixemos deixar a punto a horta. Por iso, nestas xornadas, contamos coa colaboración do alumnado da aula Verde, que traballou arreo para deixar a horta lista ata a volta das vacacións de Semana Santa. Xuntos plantamos bulbos, recoletamos limóns, quitamos malas herbas, recollemos plásticos, hacemos compost e podamos as ramas secas do ourego.