Allos plantados, ben colocados
Na horta escolar levouse a cabo a plantación de allos dende o sementeiro preparado no mes de decembro reutilizando envases de leite e zume.
Curso 25/26, Educación Especial, ESO, Huerta, Trabajos, Voz Natura
Na horta escolar levouse a cabo a plantación de allos dende o sementeiro preparado no mes de decembro reutilizando envases de leite e zume.
Curso 25/26, Educación Especial, ESO, Huerta, Trabajos, Voz Natura
O alumnado das aulas de cores realiza un pequeno xesto simbólico na clase, co que poñen de manifesto o seu compromiso co planeta, apadriñando un pingüín que habita la Illa Decepción, na Antártida, situada a 13000 km de distancia de España.
Aproveitando o día solleiro co que amencemos este xoves, o alumnado da aula Azul desprazouse ata a praia da Posta, que nos recibe á entrada do centro, ataviado con caldeiros, capachos, bolsas e luvas de tea para realizar labores de limpeza e clasificación de refugallos.
ApS, Ciencias, Curso 25/26, Educación Especial, ESO, Voz Natura
O alumnado de 3º ESO é o encargado da campaña solidaria «Un xoguete meu, un xoguete para todos» un curso máis. As familias do centro entregan xoguetes en bo estado para doalos á Asociación Boa Vida, de Pontevedra, encargada do reparto entre a cativada da zona.
ApS, Colecircularidad, Curso 25/26, Educación Especial, Educación Infantil, Educación Primaria, ESO, Voz Natura
Os rapaces e rapazas máis pequenos únense aos venres sostibles empregando, por unha banda, envases de varios usos nas súas merendas diarias, e pola outra, mercando un bocadillo durante o recreo cada venres. Desta maneira non só colaboran co medio reducindo os plásticos, senón que participan no proxecto solidario «Tini», en Layo-Perú, unha comunidade indíxena formada por 10 familias en situación de pobreza e anemia severa, que habita nunha localidade moi árida a máis de 4000 metros de altitude.
Colecircularidad, Curso 25/26, Educación Especial, Educación Infantil, Educación Primaria, ESO, Proyecto Solidario, Voz Natura
O alumnado da aula Azul preparou, en varias xornadas dos obradoiros, unhas decoracións perfectas para estas datas coas que agasallan as súas familias.
O alumnado da aula Azul axudou a plastificar, en varias sesións no seu obradoiro, unhas tarxetas coas que os compañeiros/as de 3º ESO, na área de Física e Química, repasarán a nomenclatura e función de diverso material de laboratorio mediante o traballo por estacións de aprendizaxe.
Ciencias, Curso 25/26, Educación Especial, Física y Química, Polos creativos, Trabajos
Os rapaces e rapazas da aula Vermella reciben o outono e aproveitan para experimentar e aprender cos agasallos de nos brinda esta estación do ano.
Exploran coas súas mans entre as follas secas, de cores e texturas diferentes, para atopar elementos da natureza agochados e clasificalos despois.
O alumnado da aula Vermella despide o mes de outubro celebrando dúas das festas tradicionais do outono: o Magoso e o Samaín.
Na aula experimentan cos agasallos que o outono nos regala na horta e desenvolven diferentes actividades para estimular as súas habilidades manuais e reforzar as súas aprendizaxes.
Para finalizar as tarefas na horta, o alumnado da aula Azul recolle a produción ilusionado ao comprobar os bos resultados do seu traballo no terreo.
Durante moitos meses, adican varias sesións mensuais a cultivar na súa pequena horta produtos de tempada (patacas, allo porros, cebolas, allos, leitugas, remolachas e limóns) que comparten entusiasmados con Julio, presidente da Asociación Acción Social Sor Elvira (Marín), quen, dende o seu pequeno local, achegará os alimentos aos veciños/as da zona.
ApS, Curso 24/25, Educación Especial, Huerta, Trabajos, Voz Natura