O alumnado das aulas de cores realiza un pequeno xesto simbólico na clase, co que poñen de manifesto o seu compromiso co planeta, apadriñando un pingüín que habita la Illa Decepción, na Antártida, situada a 13000 km de distancia de España.
Aproveitando o día solleiro co que amencemos este xoves, o alumnado da aula Azul desprazouse ata a praia da Posta, que nos recibe á entrada do centro, ataviado con caldeiros, capachos, bolsas e luvas de tea para realizar labores de limpeza e clasificación de refugallos.
O alumnado de 2º de Educación Primaria comeza o ano tomando conciencia medioambiental cunha saída a Naturnova, o Centro Interactivo de Educación Ambiental en Vigo.
O alumnado da aula Azul axudou a plastificar, en varias sesións no seu obradoiro, unhas tarxetas coas que os compañeiros/as de 3º ESO, na área de Física e Química, repasarán a nomenclatura e función de diverso material de laboratorio mediante o traballo por estacións de aprendizaxe.
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participa na elaboración do Decálogo Voz Natura contra a Crise Climática proposto polo comité organizador do programa mediambiental do xornal A Voz de Galicia neste inicio de curso.
O 12 de xuño, o alumnado da aula Azul desprazouse ata o Auditorio Abanca, en Santiago de Compostela, para recoller o diploma como gañadores, na súa categoría, do concurso «Caderno de Campo – Xornalistas Naturais».
Compatiron salón cos case 500 alumnos/as e mestres premiados nos diferentes concursos promovidos polo xornal «A Voz de Galicia» e a Fundación Santiago Rey Fernández – Latorre.
Este curso 2024/25 integrando varias materias STEM y nuestro proyecto de Colecircularidad hemos comenzado un trabajo consistente en la medición de los residuos de basura, principalmente plásticos y envases, para concienciar a los alumnos de la gran cantidad de este tipo de residuos que se generan y lo perjudiciales que pueden llegar a ser, promoviendo un día a la semana en que intenten no utilizar este tipo de materiales.
La pasada semana, en clase de Tecnología y Digitalización de 1º ESO, hemos introducido el concepto de relación de transmisión en sistemas de ruedas de fricción, engranajes y/o poleas, como la relación entre la velocidad del elemento conducido (o de salida) y la velocidad del elemento motriz (o de entrada).
Os residuos orgánicos das nosas merendas e comedor non se tiran ao lixo, senón que dúas patrullas se encargan de recollelos e depositalos nos composteiros ubicados no bosque do centro.
O alumnado de 6º de Educación Primaria desenvolve al longo do curso un proxecto sobre compostaxe escolar, asumindo a responsabilidade de recoller os residuos orgánicos de todos os cursos de Educación Primaria.