«Proxecto Europa Educación Primaria»
Xa estamos traballando no noso primeiro proxecto. Trátase dun proxecto entre áreas no que imos coñecendo a parte física de Europa tomando contacto coas unidades de relevo máis importantes; os ríos e lagos; montañas e paisaxes. Do mesmo xeito, tamén estamos afondando nos diferentes países e culturas así como nas orixes deste continente onde vivimos. Tamén aprendemos un montón de topónimos, agrupamos nomes relacionados coa unidade e engadimos artigos e adxectivos para conformar un grupo nominal. Tratamos de corrixir todo coa axuda dos dicionarios físicos e dixitais para evitar erros e mellorar a nosa ortografía.


