«Proxecto Europa Educación Primaria»

 

 

Xa estamos traballando no noso primeiro proxecto. Trátase dun proxecto entre áreas no que imos coñecendo a parte física de Europa tomando contacto coas unidades de relevo máis importantes; os ríos e lagos; montañas e paisaxes. Do mesmo xeito, tamén estamos afondando nos diferentes países e culturas así como nas orixes deste continente onde vivimos. Tamén aprendemos un montón de topónimos, agrupamos nomes relacionados coa unidade e engadimos artigos e adxectivos para conformar un grupo nominal. Tratamos de corrixir todo coa axuda dos dicionarios físicos e dixitais para evitar erros e mellorar a nosa ortografía.

E no medio de tantas novas aprendizaxes, deixamos voar a imaxinación para elaborar as exposicións de grupo no formato que desexamos: uns na cartolina e outros no papel continuo; uns a través dun power point e outros mesturando diferentes elementos; uns en folios e outros en infografías diferentes.

Un mar de posibilidades que estamos atopando na nosa viaxe por Europa que pronto compartiremos neste blog. 
Comparte esto:

6 Ed.Primaria

SAGRADO CORAZÓN PLACERES

Colegio Sagrado Corazón Placeres
Barrio do Cabo, Rúa da Praia nº 8
36910-Pontevedra  
Tfno: 689 12 46 81

Tfno: 986 88 13 49

LOCALIZACIÓN

© Sagrado Corazón de Placeres 2023