Proxecto Europa: Remate do Proxecto

Hoxe concluímos os primeiros proxectos do curso nos que viaxamos por Europa dende dúas vertentes: a Europa política e a Europa física.
 
Na Europa física percorremos as unidades de releve máis importantes da xeografía europea, elaboramos materiais tradicionais e dixitais; expuxemos os traballos cos compañeiros de cada grupo e cumprimos o rol que nos tocou. Despois autoavaliámonos e avaliamos este primeiro e interesante proxecto.
 

A Europa política abordámola de maneira diferente. Dividimos os países entre os grupos. Ao mesmo tempo os coordinadores de cada grupo repartiron eses países entre os membros. Elaboramos as bandeiras propias de cada país e fixemos unha síntese dos datos máis importantes que atopamos nos nosos libros e na rede. 
 
 
Finalmente xuntámonos cos compañeiros da outra aula e comentamos os aspectos máis importantes de cada país. Soubemos da situación xeográfica dos países, das capitais, da extensión, das moedas, das relixións, dos idiomas e do vocabulario básico.
 
Aprendemos e gozamos de Europa a través da ABP (Aprendizaxe Baseada en Proxectos).
 
 
 
 

 

Comparte esto:

6 Ed.Primaria, Curso 15/16, Educación Primaria

SAGRADO CORAZÓN PLACERES

Colegio Sagrado Corazón Placeres
Barrio do Cabo, Rúa da Praia nº 8
36910-Pontevedra  
Tfno: 689 12 46 81

Tfno: 986 88 13 49

LOCALIZACIÓN

© Sagrado Corazón de Placeres 2023