Ir al contenido principal

Autor: Pedro Landín

Listaxe definitiva de fondo de libros de 3º e 4º de Educación Primaria

libros17 18

Informámoslles que a partir de hoxe, luns 28 de xullo, atópanse expostas no taboleiro de anuncios do centro as listaxes definitivas do fondo de libros de 3º e 4º de Educación Primaria para o curso 25/26.

As persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada contra a listaxe definitiva ante o Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes (1) contado a partir do día seguinte ao da súa publicación (artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

Comparte esto:

Avisos, Curso 25/26

Continuar leyendo

Tempo de colleita

Para finalizar as tarefas na horta, o alumnado da aula Azul recolle a produción ilusionado ao comprobar os bos resultados do seu traballo no terreo. 

Durante moitos meses, adican varias sesións mensuais a cultivar na súa pequena horta produtos de tempada (patacas, allo porros, cebolas, allos, leitugas, remolachas e limóns) que comparten entusiasmados con Julio, presidente da Asociación Acción Social Sor Elvira (Marín), quen, dende o seu pequeno local, achegará os alimentos aos veciños/as da zona.

Comparte esto:

ApS, Curso 24/25, Educación Especial, Huerta, Trabajos, Voz Natura

Continuar leyendo

A Reserva espéranos!

A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas – Terras de Mandeo foi o destino do alumnado da aula Azul como gañadores do concurso Caderno de Campo – Xornalistas Naturais, do Programa Prensa-Escola, do xornal «A Voz de Galicia».

Comparte esto:

Continuar leyendo

Gala de Premios Prensa -Escola e Voz Natura

O 12 de xuño, o alumnado da aula Azul desprazouse ata o Auditorio Abanca, en Santiago de Compostela, para recoller o diploma como gañadores, na súa categoría, do concurso «Caderno de Campo – Xornalistas Naturais».

Compatiron salón cos case 500 alumnos/as e mestres premiados nos diferentes concursos promovidos polo xornal «A Voz de Galicia» e a Fundación Santiago Rey Fernández – Latorre. 

Comparte esto:

Ciencias, Concursos, Curso 24/25, Educación Especial

Continuar leyendo

Aviso sobre Cookies en WordPress por Real Cookie Banner