Autor: admin
Torneo de Balonmán en Marín
Coñecendo as aves do noso entorno
Este sábado 22 de novembro, ás 10 horas da mañá un nutrido grupo de pequenos e adultos xuntáronse no colexio para disfrutar dunha xornada de observación e identificación de aves mariñas. O ornitólogo Victor Cabaleiro e o biólogo profesor do centro Rodrigo Fernández guiaron e explicaron a este grupo para coñecer as abundantes especies que se poden observar na ría de Pontevedra, sobre todo en marea baixa.
Despois da observación visionouse un vídeo onde se exponía a grande variedade de aves que existen no concello de Pontevedra. O día respetounos e ao longo da mañá fóronse unindo cativos e maiores ata superar as corenta persoas. Esta é a terceira edición e xa estamos a pensar en una cuarta para o ano que ven, onde, coma sempre , estades todos/as convidados.
Ver noticia en Pontevedraviva.com
Ver noticia en el Faro de Vigo
De visita al vivero «O Piñeiro»
3 Ed.Primaria, Axenda21, Ciencias, Curso 14/15, Educación Primaria, Salida Cultural
«Un sueño perseguido ¡FINALISTA! ¡¡Ayúdanos con tu voto!!»
El relato corto Un sueño perseguido realizado por los alumnos de 6º Educación Primaria de nuestro centro, ha sido elegido entre los finalistas del XI Concurso de Cuentos Solidarios Un Juguete, Una Ilusión, que organizan Radio Nacional de España (RNE), y la Fundación Crecer Jugando, en colaboración con Toys “R” Us.
III Xornada de Observación de Aves Acuáticas
O vindeiro sábado día 22 de novembro terá lugar no colexio a: III Xornada de Observación de aves acuáticas, actividade aberta ao público e gratuita tanto para nenos como para adultos. Estades todos invitados.
As xornadas celébranse gracias a colaboración do ornitólogo Victor Xosé Cabaleiro Barroso, autor da Guías de aves do Espazo Natural de Interese Local Xunqueira de Alba ediatada pola Conselleria de Medio Ambiente Natural; Concello de Pontevedra.
Como xa sabedes xa levamos dúas experiencias de este tipo que resultaron do agrado dos participantes.
Prégase, se é posible, que os participantes veñan provistos de prismáticos.
Festexando o Magosto 2014
O pasado 14 de Novembro festexamos no colexio o xa tradicional Magosto. Para os mási cativos foi unha semana moi intensa e chea de actividades, na que preparamos as nosas manualidades para un día tan especial, decoramos as nosas caixas para as castañas, fixemos poemas, cantamos, bailamos,disfrazámonos etc.
Cando xa tiñamos as clases listas baixamos a polas nosas castañas que a ANPA do colexio tan amablemente nos asou. E xa listos coas castañas e a bebida que nos ofreceron, voltamos ás clases para poder comelas xa con calma.
Disfrutamos dun moi feliz Magosto 2014. ¡¡Moitas grazas aos que o fixeron posible!!
Celebraciones, Curso 14/15, Educación Infantil, Educación Primaria
Un ano máis na horta de Educación Especial
Este mes de outubro, os alumnos e alumnas das aulas Verde e Azul comezamos as tarefas da horta dunha forma un tanto diferente: coa recollida da nosa primeira produción de mazás!, mazás «tabardilla».