Festexando o Magosto 2014

O pasado 14 de Novembro festexamos no colexio o xa tradicional Magosto. Para os mási cativos foi unha semana moi intensa e chea de actividades, na que preparamos as nosas manualidades para un día tan especial, decoramos as nosas caixas para as castañas, fixemos poemas, cantamos, bailamos,disfrazámonos etc.

Cando xa tiñamos as clases listas baixamos a polas nosas castañas que a ANPA do colexio tan amablemente nos asou. E xa listos coas castañas e a bebida que nos ofreceron, voltamos ás clases para poder comelas xa con calma.

 
 
   
  
 
  
 
   
 
 
  
 
 
Os maiores, antes de tomar as castañas, disfrutamos dun festival de baile e música tradicional galega no que os propios alum@s foron os protagonistas . De seguido tedes un vídeo das actuacións e algunhas imaxes máis deste día:

 

  
 
 
   
  
 
 

Disfrutamos dun moi feliz Magosto 2014. ¡¡Moitas grazas aos que o fixeron posible!!

Comparte esto:

Celebraciones, Curso 14/15, Educación Infantil, Educación Primaria

SAGRADO CORAZÓN PLACERES

Colegio Sagrado Corazón Placeres
Barrio do Cabo, Rúa da Praia nº 8
36910-Pontevedra  
Tfno: 689 12 46 81

Tfno: 986 88 13 49

LOCALIZACIÓN

© Sagrado Corazón de Placeres 2023