Torneo de Balonmán en Marín

Os alumnos de 6º de Educación Primaria do Sagrado Corazón de Praceres, veñen de disputar un torneo de balonmán que tivo lugar nas instalacións do Colexio San Narciso de Marín.
Este torneo, primeiro que se celebra e pretende consolidarse, disputouse en dúas xornadas, o luns 17 de novembro e o 24 de novembro; tendo como protagonistas aos nenos de terceiro ciclo do noso Colexio. Ademais tamén participaron o propio Colexio San Narciso e o Club de Balonmán de Bueu.

Foron dúas xornadas para que os alumnos coñecesen máis este deporte e gozasen del, onde tanto rapazas como rapaces conformaron os diferentes equipos. O Sagrado Corazón de Praceres amosou un bo nivel gañando a maior parte dos partidos. Con todo, isto resultou menos importante e cabe destacar o bo nivel amosado nos 6 partidos disputados.
Agora toca alentar a estas iniciativas e aos nosos rapaces; fomentar a práctica de deportes que soen ser menos habituais; e sobre todo, educar aos máis novos na deportividade (como así  demostraron no torneo).
Cabe agradecer a presenza dos nais e pais que acompañaron e animaron aos  alumnos, creando un ambiente real de festividade deportiva. Parabéns a todos os alumnos participantes do noso colexio e de entidades veciñas. Sodes un orgullo para todos.
Comparte esto:

6 Ed.Primaria, Curso 13/14, Educación Física

SAGRADO CORAZÓN PLACERES

Colegio Sagrado Corazón Placeres
Barrio do Cabo, Rúa da Praia nº 8
36910-Pontevedra  
Tfno: 689 12 46 81

Tfno: 986 88 13 49

LOCALIZACIÓN

© Sagrado Corazón de Placeres 2023