Os alumnos de 2º ESO A e 4º ESO A e B traballaron esta semana en lingua galega de maneira cooperativa a rutina de: «Vexo, penso, pregúntome». Para isto, tiveron que organizarse en grupos de tres e catro, no que cada un tiña unha responsabilidade a nivel escrito e a nivel oral. Despois de observar un cadro de Munch titulado «O berro» (El grito) no caso dos alumnos de 2º ESO A e «Atardecer no paseo Karl Johann» no caso de 4º ESO A e B, tiveron un tempo determinado para plasmar por escrito que era o que vían no cadro, logo que lles suxería e por último, que preguntas lles viñan á mente despois de ver esa obra pictótica. A continuación, cada membro do grupo foi expondo en voz alta todo aquilo que tiñan apuntado no folio e do que previamente falaran.
A actividade resultou todo un éxito, posto que se trataba de que non só practicasen a lingua oral e escrita, senón que utilizasen o razoamento, practicasen o silencio, a escoita e o respecto cara ás opinións dos demais.
Unha das grandes xoias da nosa literatura é a «Literatura Popular», que nos foi transmitida de xeración en xeración de forma oral desde que somos uns cativos.
Pois ben, durante estas semanas estivemos traballando esta fonte de sabedoría cos alumnos de 3º ESO, utilizando o traballo cooperativo e máis concretamente mediante a rutina de K.W.L. Os rapaces organizáronse en grupos de tres e catro, para contestar a tres preguntas: «que sei sobre a literatura popular?, que quero saber? e que aprendín sobre ela?» Despois de contestar a estas cuestións, utilizando a estratexia do folio dobrado, expuxeron en voz alta as súas respostas de tal maneira que comprobaron como moitos dos seus coñecementos previos sobre este tipo de literatura e as súas inquedanzas eran compartidas por case todos.
A continuación, escribiron no encerado toda a información obtida e realizaron un esquema no que recolleron: a orixe, as características, os xéneros cultivados en prosa e en verso, e os autores e obras máis representativos da literatura popular.
Finalmente, leron, escoitaron e comentaron contos, lendas, refráns, adiviñas, trabalinguas, romances, cantigas e ata unha regueifa.
El pasado 7 de Noviembre los alumnos de tercero de primaria elaboramos nuestra propia Poppy, de esta forma descubrieron el porqué los británicos conmemoran ese día.
Hoxe os alumnos de 2º ESO asistiron á representación teatral da obra «Impreuna» da compañía «PistaCatro», que tivo lugar no Pazo da Cultura. O espectáculo está ambientado na época actual e está mergullado integramente nos códigos artístiscos do circo (malabares, aéreos, acrobacias e clown), todo isto sen renunciar á fusión con outras artes vivas como a danza, o teatro físico e a comedia.
Alumnos de 2º de ESO acompañados de dos alumnos del aula de Educación Especial y de tres profesores acudimos el pasado día 29 de octubre a la ciudad compostelana para visitar la Catedral y sus tejados.
Os nenos/as de 3 anos fixeron marmelada pasiño a pasiño coa axuda das profes. Pelaron e cortaron as mazàs.
Trouxeron a auga e puxérona ó lume, removeron, botaron o azucre e seguiron removendo facendo círculos.
Experimentaron co estado da auga, o cheiro ó cocerse…. Para rematar batérono e encheron o seu tarriño, no cal pegaran o seu nome. Antes de sair do cole repasaron tódolos pasos a seguir e os ingredientes. ¡Mmmmm….delicious!
Que mellor pintor para practicar o círculo. Despois de facer rodas no aire, pasear sobre unha corda en forma de círculo, seriar con círculos, agora tocaba pintar círculos. Xirando, e xirando fixeron uns círculos concéntricos ó estilo deste pintor ruso autor de, entre otros, do «Color Study. Squares with Concentric Circles».
Como ya viene siendo habitual por estas fechas, una año más hemos celebrado el Concurso de Calabazas decoradas y sin decorar Samaín 2014. Con los magníficos trabajos de los alumnos y sus familias montamos una exposición en la entrada del centro.
O pasado Xoves 30 de outobro festexamos no cole o xa tradicional Samaín. Os nenos/as de Infantil volcáronse ó igual que o resto do colexio na confección de adornos e fermosas cabazas para exposición.