Con el escritor Héctor Cajaraville
Héctor Cajaraville, escritor nado en Santiago de Compostela e autor de «O segredo da Casa de Formoso», libro lido polos alumnos de 4 º ESO durante o segundo trimestre, veu ao noso colexio para comentar cos alumnos a trama desta fascinante historia chea de sentimentos, pescudas, confidencias e revelacións que desemboca nun final aberto, dando pé á nosa imaxinación para crear un desenlace calquera.
Nesta obra Héctor Cajaraville fala de emigración, dunha traizón na época da «Guerra Civil Española» e dunha historia de amor, que fai que quen le esta obra quede enganchado a ela, como lle pasou aos nosos alumnos.
Despois de comentar determinados aspectos importantes da obra, Héctor Cajaraville mantivo un debate cos rapaces, respondendo a todas as preguntas que lles xurdían e asinando finalmente os exemplares desta obra de forma personalizada.