Charla: Desmontando os Prexuízoa e as Mentiras contra a Lingua Galega
Os alumnos de 4º ESO recibiron unha charla sobre os prexuízos que existen na nosa sociedade con respecto á lingua galega.
O conferenciante comezou comentándolles aos rapaces que non só existen prexuízos lingüísticos, senón tamén culturais, xeopolíticos, …
Moitos dos prexuízos lingüísticos que existen hoxe en día están relacionados coa suposta falta de unidade do galego, co feito de que esta é unha lingua de pobres ou ignorantes, con que usar o galego é un sinal de descortesía ou má educación, mesmo que hai xente que cre que é unha lingua ruda ou fea, non válida para a xente nova ou que empregar o galego é unha marca ideolóxica.
Ao final da súa exposición, o xove que deu a charla, fixo que os alumnos definisen o que para eles era un prexuízo e conseguiu que foran máis conscientes da necesidade de empregar e defender o uso do galego, xa que é a lingua propia de Galicia e un sinal de identidade de todos nós.
Aquí tedes unha mostra do atentos que estiveron.