Ir al contenido principal

Etiqueta: Trabajos

«Traballando a Paz en 1 de Educación Primaria»

Como vos explicamos na reunión do pasado martes, estamos a traballar rutinas de pensamento na aula para favorecer o pensamento reflexivo e a creatividade.
Deixámosvos algunhas fotos da dinámica CSI (cor, símbolo, imaxe). Nesta rutina pídese aos alumnos/as que identifiquen e reflexionen sobre a esencia das ideas mediante o uso dunha color, un símbolo e unha imaxe que represente estas ideas.
Pódese empregar para mellorar a comprensión de textos, videos ou audicións. A síntese ocorre cando os alumnos/as seleccionan unha soa cor, un só símbolo e unha soa imaxe para representar tres ideas importantes. Trala rutina pódese debatir sobre as súas eleccións de modo que teñan que argumentalas e defendelas.

Aquí podedes ver aos nenos/as de 1ºPrimaria realizando un CSI sobre un poema da Paz.

Comparte esto:

Trabajos

Continuar leyendo

Creando conciencia: Día Mundial da Auga 2015

O día 22 de Marzo celebramos o Día Mundial da Auga.

Dialogamos sobre a importancia da auga na nosa vida, fixemos fincapé no bo uso deste recurso limitado e repasamos os comportamentos e actitudes cos que todos podemos colaborar.

Despois elaboramos unhas gotas de auga con cartulinas, pintura e cola. En cada gota escribimos unha mensaxe recordando a importancia deste recurso.

Por último, costruímos unha orixinal escultura realizada con botellas de prástico.

Comparte esto:

Ciencias, Curso 14/15, Educación Infantil, Pastoral, Trabajos

Continuar leyendo

«Happy Halloween 2014»

This week we celebrated Halloween at school. We did monsters, ghosts, bats and many other arts and crafts based on the festival.
Here is a picture of the ghosts made by the children at preschool.

At the first grade of primary school they made really funny masks.

Comparte esto:

Trabajos

Continuar leyendo