Etiqueta: Educación Plástica
Punto- Liña- Plano: Traballos de 1º da ESO
Este 2º Trimestre, @s alumn@s de 1º da ESO, traballaron os elementos básicos do debuxo » Punto, Liña e Plano». Partiron da inspiración dun debuxo inicial, tomando como referencia as características do movemento artístico do «Puntillismo» (mestura de cores, tamaño e distancia entre puntos para dar efecto de volume). Unha vez elaborado o traballo de puntos, o reto foi crear a mesma obra con liñas e planos. Todo un exemplo de esforzo, creatividade e bo facer. Estes son só algúns dos excelentes resultados:
«Claroescuros» dos alumnos de 3º da ESO
Estes son algúns dos incribles e expresivos traballos de fotografía que realizaron @s alumn@s de 3º da ESO, dentro do tema de «Luces e sombras», no que tiñan que realizar un selfie coa técnica do claroescuro en B&N ou a cor. Esta técnica consiste no emprego de contrastes fortes, entre as zonas iluminadas e as que non iluminadas, para crear maiores efectos de relevo a través da graduación de tons lumínicos. Non pode estar mellor, nin el@s máis bonitiñ@s.
En Educación Plástica e Visual: Traballando cos degradados
Estes son algúns dos traballos que realizaron @s alumn@s de 3º da ESO neste 2º trimestre sobre degradados, dentro do tema de «Luces e Sombras». Están elaborados en láminas DIN A4 de debuxo artístico e coloreados con lapis de cores. Realizaron ademais exercicios previos de volume e un selfie coa técnica do claroescuro.
Debuxo Técnico: Figuras xeométricas en 3º ESO
Neste 1º trimestre deste curso 2020-2021 os alumnos de 3º da ESO realizaron diversas actividades de debuxo técnico nas que aprenderon a realizar divisións de circunferencias en partes iguais, a trazar cadrados, espirais e óvalos de diferentes maneiras. Aplicaron a construción destas figuras xeométricas, xunto con outros contidos de debuxo artístico, ás súas obras cun resultado máis que satisfactorio.
Personaxes das Emocións
Dentro do proxecto EMOCION-ARTE os alumnos de 1º da ESO están realizando unha banda deseñada ou cómic sobre as diferentes emocións que estamos traballando. Como primeiro paso comezaron deseñando un persónaxe que expresa esas diferentes emocións.
Some artwork from 5º Ed. Primaria
Os mostramos algunas de los primeros trabajos realizados por los alumnos, de 5º de Educación Primaria, en el 1º trimestre en la asignatura de Arts.
Curso 18/19, Educación Plástica, Educación Primaria, Trabajos
Spring is here !!!
Pues aquí os las mostramos, para que sigan floreciendo y para que el buen tiempo no se vaya.
Ellos han disfrutado mucho creándolas. Durante estos días acabaremos de subir las últimas.
3 Ed.Primaria, Curso 17/18, Educación Plástica, Educación Primaria, Trabajos