Ir al contenido principal

Etiqueta: Educación Infantil

Envases sostibles

Os rapaces e rapazas máis pequenos únense aos venres sostibles empregando, por unha banda, envases de varios usos nas súas merendas diarias, e pola outra, mercando un bocadillo durante o recreo cada venres. Desta maneira non só colaboran co medio reducindo os plásticos, senón que participan no proxecto solidario «Tini», en Layo-Perú, unha comunidade indíxena formada por 10 familias en situación de pobreza e anemia severa, que habita nunha localidade moi árida a máis de 4000 metros de altitude.

Comparte esto:

Colecircularidad, Curso 25/26, Educación Especial, Educación Infantil, Educación Primaria, ESO, Proyecto Solidario, Voz Natura

Continuar leyendo

En outono

Os rapaces e rapazas da aula Vermella reciben o outono e aproveitan para experimentar e aprender cos agasallos de nos brinda esta estación do ano.

Exploran coas súas mans entre as follas secas, de cores e texturas diferentes, para atopar elementos da natureza agochados e clasificalos despois.

Comparte esto:

Curso 25/26, Educación Especial, Educación Infantil

Continuar leyendo

Voz Natura, tamén no Nadal

Misterio Navidad

As nosas familias participan no concurso de Nacementos e Misterios organizado polo Departamento de Pastoral, como cada decembro.

Para as súas creacións empregan o seu propio corpo e pinturas, cartolinas, fitas, lá, elementos naturais, como piñas, ramas verdes, pauciños ou palla, e reutilizan vasos de café, cubertos de madeira ou caixas de cartón e de ovos. 

Nesta edición resultaron gañadores Athenea, Xurxo, Alba e India e as súas familias. Parabéns!

Comparte esto:

Concursos, Curso 24/25, Educación Especial, Educación Infantil, Educación Primaria, ESO, Navidad, Voz Natura

Continuar leyendo

Aviso sobre Cookies en WordPress por Real Cookie Banner