Ir al contenido principal

Categoría: entradas

{jcomments on}

«Traballando a Paz en 1 de Educación Primaria»

Como vos explicamos na reunión do pasado martes, estamos a traballar rutinas de pensamento na aula para favorecer o pensamento reflexivo e a creatividade.
Deixámosvos algunhas fotos da dinámica CSI (cor, símbolo, imaxe). Nesta rutina pídese aos alumnos/as que identifiquen e reflexionen sobre a esencia das ideas mediante o uso dunha color, un símbolo e unha imaxe que represente estas ideas.
Pódese empregar para mellorar a comprensión de textos, videos ou audicións. A síntese ocorre cando os alumnos/as seleccionan unha soa cor, un só símbolo e unha soa imaxe para representar tres ideas importantes. Trala rutina pódese debatir sobre as súas eleccións de modo que teñan que argumentalas e defendelas.

Aquí podedes ver aos nenos/as de 1ºPrimaria realizando un CSI sobre un poema da Paz.

Comparte esto:

Trabajos

Continuar leyendo

Creando conciencia: Día Mundial da Auga 2015

O día 22 de Marzo celebramos o Día Mundial da Auga.

Dialogamos sobre a importancia da auga na nosa vida, fixemos fincapé no bo uso deste recurso limitado e repasamos os comportamentos e actitudes cos que todos podemos colaborar.

Despois elaboramos unhas gotas de auga con cartulinas, pintura e cola. En cada gota escribimos unha mensaxe recordando a importancia deste recurso.

Por último, costruímos unha orixinal escultura realizada con botellas de prástico.

Comparte esto:

Ciencias, Curso 14/15, Educación Infantil, Pastoral, Trabajos

Continuar leyendo

Aprendendo as normas de educación vial

Os nenos/as de 3 anos traballaron os sinais de tráfico,as súas cores, formas. Puxérono en práctica nun circuito e levaron para a casa o seu permiso de circulación.

Iban provistos das súas matrículas nas que tiñan que distinguir os números das letras, unha tarefa deste trimestre, pero que non remata aquí, terán que seguir practicando

Comparte esto:

Curso 14/15, Educación Infantil

Continuar leyendo

Aviso sobre Cookies en WordPress por Real Cookie Banner