Skip to main content

Premio ao compromiso coa natureza

O 24 de setembro, o alumnado da aula Azul e 4º ESO B iniciaron viaxe cara A Coruña  para gozar do premio acadado o pasado mes de xuño polos seus respectivos cadernos de campo, presentados ao concurso da Voz de Galicia «Xornalistas Naturais» o curso pasado.

Iniciaron a visita achegándose á sede da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas – Terras de Mandeo, onde lles explicaron as funcións e utilidade da reserva, os procedementos que levan a cabo nas súas investigacións, as especies da zona e a importancia de conservar o medio.

Percorreron tamén as diferentes salas do Museo das Mariñas de Betanzos e visitaron monumentos e zonas emblemáticas da cidade nun día caloroso de finais de verán.

Comparte esto:

4 ESO, Ciencias, Concursos, Curso 24/25, Educación Especial, ESO, Salida Cultural, Voz Natura