A pegada de carbono: unha loita polo noso benestar
Dentro do proxecto de ApS de Colecircularidad, e unha das primeiras tarefas é a formación do alumnado e do profesorado na materia e temática que imos traballar o longo do curso e ¿que mellor maneira de facelo que escoitando aos expertos que traballan día a día nese campo?
O pasado día 13 de outubro contamos no noso centro coa presenza da investigadora Rocío Pena. Esta científica é doutora en Enxeñería Química pola Universidade de Santiago de Compostela. Leva 20 anos traballando no mundo do biogás e do cálculo da pegada de carbono. Esta científica deu a coñecer ao alumnado e ao profesorado o que se entende por pegada de carbono co obxectivo de concienciar e sensibilizar á nosa comunidade sobre a problemática do cambio climático e a súa afección a nivel local, promovendo unha redución das emisións de dióxido de carbono a nivel individual e colectivo a través dun enfoque de economía circular.
Os alumnos e o profesorado agora entenden porqué é necesario reducir a pegada de carbono o cal supón un reto para a nosa sociedade.