Ir al contenido principal

A praia impórtanos!!

Alumnado da ESO  e aula Azul desenvolveron unha xornada de limpeza da praia da Posta cun dobre  obxectivo: coidar o medio ambiente e concienciar sobre a importancia de manter limpos os espacios naturais da contorna.

Durante a actividade recolleron plásticos, redes, cabichas, panos de bebé, pauciños de caramelos, latas, cordas numerosos paus e botellas de vidro, todos grandes contaminantes da area o o mar.

Ademais de colaborar en equipo, aprenderon sobre a protección da natureza e o impacto do lixo nos ecosistemas mariños.

Comparte esto:

1 ESO, Ciencias, Curso 25/26, Educación Especial, ESO, Voz Natura

Aviso sobre Cookies en WordPress por Real Cookie Banner