Skip to main content

¡Voltamos á Hípica Appaloosa!

En dúas xornadas diferentes os alumnos e alumnas das Aulas de Cores recuperamos unha das actividades que máis nos ilusionan: visitamos a Hípica Appaloosa en Marcón e reencontrámonos con Neo, Troya e Moka e co agarimo e amabilidade de Cholo e José. 

Acariñamos e peiteamos aos cabalos e subimos ao lombo dos nosos amigos équidos desfrutando tamén da paisaxe da contorna nestes días solleiros de outono.

Comparte esto:

Curso 21/22, Educación Especial, Salida Cultural