Graos de Iconicidade, 3º ESO 2020-21
Neste 2º trimestre @s alumn@s de 3º da ESO traballaron o concepto de «Graos de Iconicidade». Ademais de ver e falar sobre os diferentes 11 graos que existen, debateron sobre as diferentes manifestacións da arte en diferentes momentos da historia. Neste traballo tiñan que elixir un retrato dun pintor clásico e baixarlle o grao de iconicidade sen perder a súa esencia. Como sempre, reto conseguido. Aquí deixo algúns dos excelentes resultados.